A Xunta apoia o aluguer accesible co programa ‘Fogar Vivo’

O programa conta este ano cun orzamento de máis de 2,8M€ para as diferentes modalidades de axuda.

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou a unha das beneficiarias da anterior convocatoria, que deixou máis 145.000 euros de achegas no ámbito da delegación

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, xunto á directora territorial de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Begoña Freire, visitou este mércores a unha das beneficiarias da pasada convocatoria do programa Fogar Vivo, dotado dun orzamento de máis de 2,8M de euros para este ano e un total de 5,7M de euros ata 2028.

Aneiros aproveitou a visita para recordar que o prazo da actual convocatoria deste programa, que ten como finalidade mobilizar vivendas en alugueiro accesible, continúa aberto ata o 3 de xuño. Destacou tamén que na última convocatoria concedéronse 239 axudas por un importe de preto de 1,3M de euros en Galicia e máis de 145.000 euros no ámbito da delegación. “Con programas como este, o Goberno galego segue avanzando en materia de vivenda nun momento no que é un dos temas máis importantes para a cidadanía”, apuntou a representante da Xunta.

A delegada explicou que os propietarios que se acollan a esta iniciativa poden contar con achegas máximas de ata 16.000 euros por vivenda, dos que 11.000 serán para rehabilitación e mellora da mesma, incluíndo os gastos para renovar electrodomésticos como a lavadora, o lavalouza, o forno, a neveira, a campá extractora, a cociña e os sanitarios.

Así mesmo, aclarou que o programa Fogar Vivo contempla tres tipos de modalidades de axuda; unha para facer fronte ao custo da contratación dos seguros por falta de pago de rendas e/ou seguros de multirisco de fogar, outra para adecuar e reparar a vivenda, e unha derradeira vinculada á obtención da axuda para adecuación e reparación, para o caso de que a vivenda se alugue a menores de 36 anos, persoas con fillo/as menores de idade ou con persoas dependentes ao seu cargo con algún grado de discapacidade recoñecida. Ademais, neste último caso, haberá unha axuda adicional de 2.000 euros, sempre que se obtivera a axuda de rehabilitación é mellora da vivenda.

Aneiros tamén especificou que os propietarios poderán solicitar, independentemente de que fagan reformas, 3.000€ para un seguro de por falta de pago e/ou multirrisco e sinalou que as vivendas dos propietarios que queiran solicitar as achegas do programa Fogar Vivo non poden ter sido arrendadas nos tres meses inmediatamente anteriores á presentación da solicitude. Ademais, deberán destinarse ao alugamento accesible cando menos, durante cinco anos, ou sete no caso de persoas xurídicas, e as rendas mensuais durante o primeiro ano non poderán exceder uns importes establecidos en base a zonas territoriais. No caso dos Concellos da área, os límites son de 700 euros para Ferrol, 600 euros para Narón, 550 euros no caso de Ares, As Pontes, Cedeira, Fene, Mugardos, Neda e Pontedeume e de 450 euros para o resto.

Lea también

Valdoviño, un dos escenarios da VIII Proba de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril Salvaxe de Ferrolterra

Os locais Brais Gómez con “Chanclas” e Hugo Caruncho con “Mesi” conquistan a 1ª e …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *