A consulta específica de tabaquismo abriu unha nova vía para identificar pacientes fumadores durante o ingreso hospitalario

Profesionais de Pneumoloxía alertan sobre os novos xeitos de fumar, como o vaper ou o cigarro electrónico, causante da Evali, lesión pulmonar asociada ó seu consumo.

O Día Mundial sen Tabaco que se celebra este domingo, sumouse unha mesa informativa no Hospital Arquitecto Marcide-Ferrol.

A Consulta especifica de tabaquismo coa que conta o Servizo de Pneumoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, e que coordina unha enfermeira da Área, Ana Sierra Gómez, abriu unha nova vía de para identificar pacientes fumadores no propio ingreso hospitalario e lles axudar a deixar de fumar. Esta profesional explicaba esta novidade aproveitando o día Mundial sen Tabaco, que se celebra este domingo, e que os profesionais de Pneumoloxía aproveitaron para difundir nunha Mesa informativa este venres, día con maior afluencia, no corredor principal do Hospital Arquitecto Marcide.

Á Consulta de Tabaquismo do Complexo chegan pacientes derivados dos centros de saúde de atención primaria, doutras especialidades hospitalarios, e, como novidade, tamén en pacientes hospitalizados. Nesta consulta, faise unha entrevista persoal datos antropométricos e diferentes test, cos que xa se pode elaborar un diagnóstico e adecuar o tratamento personalizado para cada paciente. Na actualidade, estase a facer seguimento a ó redor de 350 pacientes, que queren deixar de fumar, e que non o conseguiron tras varios intentos.

Nesta mesa informativa, de feito, puñan en valor o importante traballo dos e das profesionais dos centros de saúde cos seus pacientes, tanto para facer unha intervención inicial, como para derivarlles aqueles casos nos que é necesaria unha intervención máis fonda. Vense nesta consulta diaria, de luns a venres, unha media de 18 pacientes, de tódalas idades “desde o máis novo que quere deixar de vapear, ata o 80 anos que tivo unha patoloxía grave recente”, explican.

Deixar de fumar xa ingresado no propio hospital
Dende esta Consulta, quixeron dar un paso máis e están a seguir a 45 pacientes, dende o 6 de novembro, que foron captados no propio eido hospitalario. Ana Sierra explica que está aberta a tódolos servizos. Por establecer un exemplo, con Pneumoloxía e Cardioloxía, está a haber unha colaboración estreita, e coñecedores do dano que está a facer o tabaco ás patoloxías dos seus pacientes, avisan na consulta especifica. Dende a mesma, nalgúns casos acoden persoalmente ó andar, invitan a eses pacientes a acudir a esta consulta, na que se lle dá xa unha cita directamente.

O tipo de paciente neste ámbito máis específico muda, e é unha persoa de entre 40 e 70 anos, cun perfil de ingreso por patoloxías pneumolóxicas graves ou cardiopatías. Aplicase o tratamento de deshabituación tabáquica se é necesario, ou a intervención de descenso progresivo. A intervención non fica aí, xa que, unha vez dados de alta, cítanse en unha ou dúas semanas despois, nunha visita presencial. “Esta medida estase a amosar efectiva, xa que o 80% dos casos seguen sen fumar cando chegan a esa consulta”, matizan.

“A clave é o contacto; temos a porta aberta sempre, e estamos accesibles. É moi importante deixarlles claro iso de: con calquera cousa, chámame”, explica esta profesional. Recordan tamén dende a consulta que a recaída forma parte do proceso, que pode habelas, pero que sempre hai opcións; e que o importante é seguir tentando loitar contra o tabaco, causante de múltiples cancros e do empeoramento de diversas enfermidades. Outro aspecto novidoso tamén é o consello de deshabituación tabáquica no ámbito do cribado de tumor de pulmón que activou o Sergas de xeito pioneiro, faise moito fincapé na importancia de deixar de fumar cando entran neste cribado.

Lembrar que na Área Sanitaria de Ferrol existe un Comité de Tabaco que se ocupa de diversos aspectos, como estes e, e sobre todo, da colaboración multidisciplinar, como a que se produce, entre outras moitas, con Oncoloxía ou con Cirurxía tamén, ademais das outras especialidades citadas como exemplo. Pacientes on patoloxías oncolóxicas ou sometidas a cirurxías son invitadas tamén a deixar o tabaco con tódolos tratamentos e vías dispoñibles. “O tratamento é o seguimento é clave, é a man amiga que precisas”, subliña nese senso, a responsable da Consulta, Ana Sierra.

Xa de xeito concreto na mesa informativa, as profesionais sanitarias mediron ós e ás fumadoras que quixeron os seus niveis de CO no seu ar, a través do cooxímetro. Alertaron tamén fronte os novos xeitos de fumar, por exemplo o vapeo ou o cigarro electrónico, que ten compoñentes moitos deles descoñecidos e tan perigosos como a nicotina, e que está calando entre os máis novos. Estes novos xeitos de fumar son os causantes da Evali, lesión pulmonar asociada ó seu consumo, explican dende Pneumoloxía.

Tabaco sempre leva consigo enfermidade
Lembrar un ano máis, neste día, as claves polas que hai que deixar de fumar. Porque fumar mata; e porque leva consigo grandes problemas de saúde, como a Enfermidade Pulmonar Obstrutiva Crónica (EPOC), e maior probabilidade de eventos cardiovasculares, ou de desenvolvemento de cancro de pulmón. Estímase que ten influencia ata en 16 tipos distintos de cancro. E, ademais, se unha persoa sufriu un infarto, multiplica por tres o risco de ter un novamente se segue a fumar; igual que, no caso do cancro, favorécese a posibilidade de ter recidivas se se continúa a consumir tabaco.

En definitiva, o tabaco é prexudicial en tódalas súas modalidades, incluído o vapeo, snus, bolsas de nicotina ou tabaco quentado. Sobre todos eles existen grandes mitos, como que son máis inofensivos que o tabaco convencional. O vapeador soe ser a porta de entrada para o consumo, e contén glicerina, que actúa como intensificador de moitas patoloxías e é máis difícil de eliminar do organismo que a nicotina. Por último, a pipa de auga contén un 70% de nicotina máis que un cigarro convencional, entre as moitas substancias canceríxenas que contén está o carbón, que se inhala co consumo desta modalidade.

Lea también

AECC en la provincia de A Coruña se moviliza contra el tabaquismo

La Asociación Española Contra el Cáncer en la provincia de A Coruña se moviliza para …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *