Pablo Terroba, o enxeñeiro químico galego que traballou na Fórmula 1 e en MotoGP, imparte unha conferencia no Campus Industrial de Ferrol

O Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol acolle, o xoves 16 de abril, ás 17:00 horas, a conferencia “O camiño dun enxeñeiro. Desde a universidade ata a Fórmula 1”, impartida polo Asesor de Rendemento de Produtos en ExxonMobil, Pablo Terroba, e impulsada polo coordinador do máster en Informática Industrial e Robótica, o profesor da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Álvaro Michelena.

Ao longo da súa intervención, Pablo Terroba afondará na tecnoloxía e a enxeñaría que rodea os coches de Fórmula 1 e falará sobre o traballo que realiza un enxeñeiro químico no mundo do deporte de motor de competición, así como do impacto que ten a ciencia e a química no rendemento e na fiabilidade dos coches. Tal e como el mesmo di, contará “a historia dun mozo normal, da Mariña de Lugo, que a base de paixón, traballo e esforzo chega a cumprir o seu soño, a nivel profesional e persoal”.

Pablo Terroba (Viveiro, 1993) é graduado en Enxeñaría Química pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e cursou un máster en Sustentabilidade de Biotecnoloxías na Università di Bologna, en Italia. O seu traballo na empresa ExxonMobil permitiulle colaborar con equipos de alto redemento no eido do motorsport tanto na Fórmula 1 como en MotoGP.

Na actualidade, dedícase ao desenvolvemento de motores e produtos do futuro con marcas como BMW, Lamborgini ou Porsche. Ten traballado en varios países europeos e combina unha ampla experiencia industrial con formación
internacional na área da enxeñaría de procesos e nas tecnoloxías enerxéticas.

A conferencia está dirixida a toda a comunidade universitaria e ao público xeral interesado. A inscrición, totalmente gratuíta, deberá formalizarse enviado un correo electrónico a alvaro.michelena@udc.es ou ben chamando ao 881 01
3142 antes das 20:00 horas do mércores 15 de abril.

Inscrición – Conferencia “O camiño dun enxeñeiro. Desde a universidade ata a Fórmula 1”, Pablo Terroba, 16 de abril, Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol

Lea también

El equipo “Los Hidrodinámicos” gana la quinta edición del Hackathon Navantia Next Pioneers

La vicerrectora del Campus de Ferrol y Responsabilidad Social, Ana Ares, el director del astillero …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *