Valdoviño abre o prazo de presentación de candidaturas para a VII Gala do Deporte

O acto institucional celebrarase o 22 de maio na casa da cultura. Valdoviño celebra a sétima edición da súa Gala do Deporte o 22 de maio.

Será un acto institucional co que visibilizar, recoñecer e estimular o esforzo, a excelencia e os valores xerados polos deportistas, clubs, adestradoresvoluntariado e aquelas entidades que, volcadas co deporte, o converten nun motor social, educativo e de saúde de primeiro nivel no municipio.

O concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, avanzaba a data da cita, e tamén, a apertura do prazo de presentación de candidaturas por parte de clubs, federacións e particulares, dende este martes 14 de abril e ata o día 29 deste mes -no rexistro municipal da casa consistorial ou sede electrónica-.

Nesta edición avaliaranse exclusivamente os méritos acadados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2025, e as bases cos requisitos, procedemento e criterios de valoración poden consultarse na páxina web municipal. Recibidas as candidaturas, serán avaliadas por un xurado integrado por persoas de recoñecida solvencia e traxectoria ligadas ao deporte na comarca, xunto co concelleiro de área e o técnico de deportes – que actuarán como presidente e secretario respectivamente, con voz pero sen voto-.

Na Gala recoñecerase aos mellores deportistas nas diferentes disciplinas, e entre estas, sairá o/a mellor deportista do ano. Unha distinción que na última edición compartiron Nerea Penabad e Lidia Vellón, campioas do mundo de danza coreográfica; tomando o relevo de compañeiros como o arqueiro Adrián Orjales (V gala); o xogador de básket Miguel Romero (IV gala) e a xogadora de balonmán Alicia Fernández (I, II e III galas).

Así mesmo, os recoñecementos completaranse coas mencións de honra.

Lea también

XVI Edición de la Regata de Vela Ligera Ría de Ferrol

Este pasado fin de semana, en la XVI Edición de la Regata de Vela Ligera …