A Deputación da Coruña leva a Ferrolterra un ciclo de masterclass de teatro

A deputada Rosa Ana García e o alcalde de Valdoviño, Alberto Fernández, asistiron este lúns  á primeira sesión, celebrada no CPI Atios de Valdoviño.

Fuente Diputación de A Coruña

A Deputación da Coruña puxo en marcha en Valdoviño un ciclo de masterclass de iniciación ao teatro que percorrerá varios concellos de Ferrolterra co obxectivo de achegar as artes escénicas á mocidade e ao conxunto da cidadanía.

A primeira sesión desenvolveuse no CPI Atios, en horario de mañá e dirixida ao alumnado do centro, e contou coa asistencia do alcalde de Valdoviño, Alberto Fernández, e da deputada de Industria e Emprego, Rosa Ana García, que quixo acompañar o inicio desta iniciativa formativa e cultural.

O programa continuará nos vindeiros días no IES Punta Candieira de Cedeira, o 14 de abril, e no IES de Ortigueira, o 30 de abril, para rematar cunha sesión aberta ao público na Casa da Cultura de Neda o 9 de maio.

Fuente Diputación de A Coruña

As masterclass están impartidas por Juan Anillo e Nortan Palacio, dous profesionais cunha ampla traxectoria no ámbito da interpretación e da formación teatral, que ofrecen unha aproximación práctica ao feito escénico. Durante as sesións trabállanse aspectos como a voz, a expresión corporal, o uso do espazo, a improvisación ou a xestión emocional.

A proposta busca non só introducir ás persoas participantes no mundo da interpretación, senón tamén fortalecer habilidades como a comunicación, a creatividade, a confianza persoal ou a capacidade de relación, especialmente entre a mocidade.

No caso da sesión final en Neda, a actividade será aberta ao público en xeral, gratuíta e con prazas limitadas, polo que será necesaria inscrición previa na biblioteca municipal da localidade.

Lea también

Finalizó la gala de «O Talentiño», en Ferrol, con matrícula de honor

La gala final de la cuarta edición de O Talentiño se celebró este domingo, día 12 …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *