Valdoviño abre inscricións no taller de Ramas Literarias que organiza para o público infantil

A actividade, de balde, está dirixida a nenos e nenas de 6 a 11 anos, e terá lugar o xoves 23 ás 17:30 horas na casa da cultura.

O Concello de Valdoviño abre inscricións no obradoiro de Ramas Literarias que se celebra o vindeiro 23 de abril ás 17:30 horas na casa da cultura, coincidindo co Día Internacional do Libro.

A actividade está dirixida a nenos de 6 a 11 anos -incluídos-, e a participación é de balde. Con aforo limitado, as familias poden anotar aos seus fillos na casa da cultura -de luns a venres de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas, ata o día 22, e o mesmo 23 de 10 a 14 horas, ou ata completar prazas-. Neses mesmos horarios, nos teléfonos 981 48 76 66 e 689 283 249.

O taller convida aos nenos a reflexionar sobre aquelas historias que son importantes na súa vida literaria. Así, a modo de metáfora e recurrindo á figura das árbores, personalizarán o tronco e as súas ramas con elementos escritos ou decorativos relacionados con ditas historias. Un obradoiro para que os cativos e cativas traballen con diversos materiais como latas, ramas, la… ligándoos de xeito creativo coa literatura. A sesión é de 90 minutos.

A actividade está organizada pola Biblioteca da Deputación Provincial da Coruña en colaboración coa Biblioteca Municipal de Valdoviño.

Lea también

Con enorme afluencia de visitantes Mugardos celebró la «XXXIV Festa do Polbo»

  La Real Villa de Mugardos celebró un año más, y ya van treinta y …