A Deputación leva ao 39º Salón Gourmets máis de trinta actividades

A participación neste evento permite «dar visibilidade ao traballo das produtoras e produtores locais e abrir novas oportunidades comerciais», sinala o vicepresidente, Xosé Regueira. Formarán parte do programa da Deputación chefs de primeira liña que permirán poñer en valor a cadea agroalimentaria da provincia.

A Deputación da Coruña participa na 39.ª edición do Salón Gourmets, a feira internacional de alimentación e bebidas de alta calidade, coa súa iniciativa ‘A paisaxe que sabe’. Será a segunda presenza da institución provincial neste evento, que se celebra entre o luns 13 e o xoves 16 de abril. A institución contará cun posto propio situado no pavillón 7 do recinto feiral Ifema, en Madrid.

No seu espazo, a Deputación desenvolverá un amplo programa con máis de trinta actividades ao longo dos catro días do evento, no que se combinan demonstracións culinarias, relatorios, catas e degustacións a cargo de profesionais e empresas da provincia.

A programación estrutúrase ao redor da campaña ‘A paisaxe que sabe’, coa que a institución pon o foco nos elementos paisaxísticos que alimentan a gastronomía da provincia e reforza a súa aposta por un modelo turístico de calidade, sustentable desde o punto de vista social, económico e ambiental.

O vicepresidente da Deputación e deputado de Turismo e Promoción Económica, Xosé Regueira, sinala que a participación neste foro responde á aposta da institución polo sector agroalimentario da provincia e destaca que permite «dar visibilidade ao traballo das produtoras e produtores locais e abrir novas oportunidades comerciais». Neste sentido, subliña que se trata tamén dun «espazo clave» para reforzar o posicionamento da provincia nun ámbito profesional de primeiro nivel.

Neste sentido, os produtores e produtoras que participan ao abeiro da marca ‘A paisaxe que sabe’ teñen a oportunidade «non só de dar a coñecer o seu traballo, senón tamén de xerar negocio e establecer contactos que contribúan ao seu crecemento», apunta o vicepresidente.

Xosé Regueira engade que a presenza da Deputación inclúe tamén a participación de chefs de referencia que elaboran propostas gastronómicas con produtos do territorio, o que permite «poñer en valor a cadea agroalimentaria da provincia e amosar ante un público profesional todo o que este territorio é capaz de ofrecer».

Ampla variedade da produción da provincia

Neste escaparate internacional, dirixido exclusivamente a profesionais do sector, terán presenza destacada produtoras e produtores da provincia como A Conserveira (Ribeira), Enoturismo María Manuela (Boqueixón), Cafés Aruba (A Coruña), Gallegas de Nata (A Coruña), Bodegas Lodeiros (Santiago), Chichalovers (Santiago), La Despensa d’Lujo (Coristanco), Empanadas Ternura (A Coruña), Lenatt Food (A Coruña) e Casa da Avoa (Outes).

Pola súa banda, a representación gastronómica contará con chefs de referencia da provincia como Noelia Rodríguez (Casa Peto, Outes), Adrián Felípez (Miga, A Coruña), Juan Crujeiras (Bido, A Coruña) e Iria Espinosa (Árbore da Veira, A Coruña, unha estrela Michelin), que ofrecerán distintas elaboracións en formato showcooking.

O programa inclúe tamén relatorios e catas de viño a cargo do sumiller Luís Paadín, centradas en diferentes territorios e tipoloxías vitivinícolas da provincia, así como presentacións e degustacións de produtos, entre elas propostas de pastelería, conservas e bocadillos de autor.

Ao longo das xornadas repetiranse actividades como cafés de especialidade, catas comentadas e degustacións maridadas, configurando unha proposta que combina tradición, innovación e produto local.

Entre os Produtoras/es participantesA Conserveira (Ribeira) · Enoturismo María Manuela (Boqueixón) · Cafés Aruba (A Coruña) · Gallegas de Nata (A Coruña) · Bodegas Lodeiros (Santiago) · Chichalovers (Santiago) · La Despensa d’Lujo (Coristanco) · Empanadas Ternura (A Coruña) · Lenatt Food (A Coruña) · Casa da Avoa (Outes).

Entre os Restaurantes conta coa particpación de Árbore da Veira (A Coruña) · Bido (A Coruña) · Miga (A Coruña) · Casa Peto (Outes).

Programación

Luns 13

11.00 horas. Café de especialidade de Cafés Aruba, da Coruña (Colombia+Brasil+Etiopía), con tiramisú de café.

12.00 horas. Relatorio e cata de viños a cargo de Luís Paadín, sumiller, profesor de análise sensorial e servizo, así como técnico de viticultura e enoloxía: «Betanzos: territorio branco lexítimo».

13.00 horas. Showcooking a cargo de Noelia Rodríguez, do restaurante Casa Peto (Outes): Mexillón en escabeche «Leocadia»; Tosta de sardiña afumada de Portosín.

14.00 horas. Showcooking a cargo de Noelia Rodríguez, do restaurante Casa Peto (Outes): Mexillón en escabeche «Leocadia»; Tosta de sardiña afumada de Portosín.

15.00 horas. Showcooking a cargo de Adrián Felípez, do restaurante Miga (A Coruña): Peixe do día curado en auga de mar, sopa de xunco mariño e herbas do litoral escabechadas; Terrina de cabeza de porco celta con guiso de grelos e caldo de cocido.

16.00 horas. Showcooking a cargo de Adrián Felípez, do restaurante Miga (A Coruña): Peixe do día curado en auga de mar, sopa de xunco mariño e herbas do litoral escabechadas; Terrina de cabeza de porco celta con guiso de grelos e caldo de cocido.

17.00 horas. Presentación e degustación de Gallegas de Nata (A Coruña) e A Conserveira (Ribeira): Tarta de Santiago con mousse de oruxo Maridaxe: viño doce Pazo do Camiño (Bodegas Lodeiros); Milfollas de ventresca de bonito do norte con manteiga de galmesán de A Conserveira Maridaxe con vermú Lodeiros (0 % azucres engadidos).

18.00 horas. Presentación e degustación de bocadillo de rixóns, cogombros agridoces e salsa chipotle a cargo de Chichalovers (Santiago de Compostela).

Martes 14

11.00 horas. Café de especialidade de Cafés Aruba, da Coruña (Colombia+Brasil+Etiopía), con tiramisú de café

12.00 horas. Relatorio e cata de viños a cargo de Luís Paadín: «Barbanza e Iria: a expresión do albariño»

13.00 e 14.00 horas . Showcooking a cargo de Noelia Rodríguez, do restaurante Casa Peto (Outes): Mexillón en escabeche «Leocadia»; Tosta de sardiña afumada de Portosín.

15.00 e 16.00 horas. Showcooking a cargo de Adrián Felípez, do restaurante Miga (A Coruña): Guiso de mexillón encebolado, xema e broa de Carballo; Repolo estofado, sopa de berberechos e codium.

17.00 horas. Presentación e degustación de Gallegas de Nata (A Coruña) e A Conserveira (Ribeira): Tarta de Santiago con mousse de oruxo Maridaxe: viño doce Pazo do Camiño (Bodegas Lodeiros); Milfollas de ventresca de bonito do norte con manteiga de galmesán de A Conserveira Maridaxe con vermú Lodeiros (0 % azucres engadidos).

18.00 horas. Presentación e degustación de bocadillo de rixóns, cogombros agridoces e salsa chipotle a cargo de Chichalovers (Santiago de Compostela).

Mércores 15

11.00 horas. Café de especialidade de Cafés Aruba, da Coruña (Colombia+Brasil+Etiopía), con tiramisú de café

12.00 horas. Relatorio e cata de viños a cargo de Luís Paadín: «Ribeiras do Ulla coruñesas: crisol de castes»

13.00 e 14.00 horas. Showcooking a cargo de Juan Crujeiras, do restaurante Bido (A Coruña): Pescada, escabeche emulsionado, amorodos e pementos de Herbón encurtidos; Repolo de Betanzos asado e fermentado, demiglace de hortalizas asadas e mazá.

15.00 horas e 16.00 horas. Showcooking a cargo de Iria Espinosa, do restaurante Árbore da Veira (1*) (A Coruña): Porro asado con guiso meloso de mans de porco, gamba e salsa bearnesa; Vieira, manteiga de miso, caviar de codium e cacahuete tostado.

17.00 horas. Presentación e degustación de Gallegas de Nata (A Coruña) e A Conserveira (Ribeira): Tarta de Santiago con mousse de oruxo Maridaxe: viño doce Pazo do Camiño (Bodegas Lodeiros); Milfollas de ventresca de bonito do norte con manteiga de galmesán de A Conserveira Maridaxe con vermú Lodeiros (0 % azucres engadidos).

18.00 horas. Presentación e degustación de bocadillo de rixóns, cogombros agridoces e salsa chipotle a cargo de Chichalovers (Santiago de Compostela).

Xoves 16

11.00 horas. Café de especialidade de Cafés Aruba, da Coruña (Colombia+Brasil+Etiopía), con tiramisú de café.

12.00 horas. Relatorio e cata de viños a cargo de Luís Paadín: «Viños con crianza da Coruña: o caso de María Manuela».

13.00 e 14.00 horas. Showcooking a cargo de Juan Crujeiras, do restaurante Bido (A Coruña): Pescada, escabeche emulsionado, amorodos e pementos de Herbón encurtidos; Repolo de Betanzos asado e fermentado, demiglace de hortalizas asadas e mazá.

15.00 e 14.00 horas. Showcooking a cargo de Iria Espinosa, do restaurante Árbore da Veira (1*) (A Coruña): Porro asado con guiso meloso de mans de porco, gamba e salsa bearnesa; Vieira, manteiga de miso, caviar de codium e cacahuete tostado.

 

Lea también

Rey Varela reclama un “tren do século XXI” en una nueva movilización del Foro Cidadán polo Ferrocarril entre Ferrol y Betanzos

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, participó este sábado en la nueva reivindicación …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *