Comezou a V edición do Hackathon Navantia Next Piooners

 

De esquerda a dereita, a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, o director do estaleiro de Ferrol, Eduardo Dobarro, e o responsable de Transformación Dixital e Industrial de Navantia Ría de Ferrol, Rafael Morgade, durante o acto de inauguración do hackathon.

A edición de 2026 do Hackathon Next Pioneers, que organizan Navantia e o Campus Industrial de Ferrol, comezou na tarde deste xoves no estaleiro ferrolán coa presentación do reto ao que, nas vindeiras horas, terán que facer fronte os grupos participantes. “Melloras de seguridade do operario en traballos sobre bloques invertidos” é o título da proposta, que implica facilitar a mobilidade dentro dos bloques na fase previa ao seu volteo e colocación en grada, salvando pasos de porta e aberturas que deben ser cubertas.

A presentación en Navantia contou coa participación do director do estaleiro de Ferrol, Eduardo Dobarro; da vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares; do responsable de Transformación Dixital e Industrial de Navantia Ría de Ferrol, Rafael Morgade; do director do Campus Industrial da Universidade da Coruña (UDC), Marcos Míguez; e do director da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Vicente Díaz.

Foto de familia diante do edificio da Exposición Permanente do estaleiro, realizada xusto antes da visita a un dos talleres de prefabricado.

Os sete equipos participantes, tras coñecer o reto, desprazáronse a un dos talleres de prefabricado para coñecer in situ o problema ao que teñen que facer fronte. Xa na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) puxéronse mans á obra para deseñar, en menos de 24 horas, a mellor solución.

O fallo coñecerase o venres, ás 14.30 horas, na Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI). O equipo gañador recibirá como premio unha bolsa para desenvolver o seu proxecto en Navantia.

 

Lea también

Ferrol inicia la campaña de desbroces en la red viaria del rural

El Concello de Ferrol ha iniciado la campaña de desbroces en la red viaria de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *