A Deputación da Coruña destina preto de 800 000€ para financiar o persoal de 54 oficinas de turismo

O obxectivo é profesionalizar a atención ao visitante e garantir a apertura de puntos de información durante o 2026. O vicepresidente, Xosé Regueira, destaca que este investimento «é clave para consolidar a provincia como un destino turístico sustentábel e ben xestionado».

A Deputación da Coruña concedeu definitivamente o programa de subvencións DP0029/2026. Esta liña de axudas, impulsada polo Servizo de Promoción e Desenvolvemento Turístico, permitirá que un total de 54 concellos e agrupacións locais da provincia conten con financiamento para sufragar os gastos de persoal das súas oficinas de turismo durante o presente exercicio.

O investimento total mobilizado pola institución provincial ascende a 795 217,43 euros. Estas axudas están destinadas especificamente a municipios de menos de 50 000 habitantes, asegurando que as localidades con menores recursos poidan ofrecer un servizo de atención ao visitante de calidade e profesional.

O vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, destaca que este investimento «é clave para consolidar a provincia como un destino turístico sustentábel e ben xestionado». Segundo Regueira, «o persoal técnico das oficinas é o primeiro contacto que o viaxeiro ten co noso territorio; o seu traballo é fundamental para poñer en valor o patrimonio, a gastronomía e a paisaxe dos nosos concellos».

«O programa de subvencións responde a un compromiso coa equidade territorial, explica o vicepresidente. Isto é «especialmente importante nos concellos máis pequenos», que poderán «manter equipos cualificados sen comprometer os seus orzamentos», abunda.

As subvencións cobren desde a contratación directa de técnicos ata a externalización de servizos de información, garantindo que os puntos de atención —moitos deles situados en enclaves estratéxicos como o Camiño de Santiago, as Fragas do Eume ou a Costa da Morte— permanezan operativos e atendidos por profesionais.

Listado de entidades beneficiarias e contías (DP0029/2026)

Concello / Beneficiario

Importe concedido

Concello da Capela

10 021,86 €

Concello da Laracha

16 887,25 €

Concello da Pobra do Caramiñal

18 387,75 €

Concello das Pontes de García Rodríguez

13 309,12 €

Concello de Ames

14 232,51 €

Concello de Ares

10 308,11 €

Concello de Arteixo

15 005,05 €

Concello de Arzúa

15 733,01 €

Concello de Betanzos

17 695,21 €

Concello de Boimorto

10 087,61 €

Concello de Boiro

19 195,72 €

Concello de Boqueixón

12 385,73 €

Concello de Cabanas

11 808,62 €

Concello de Camariñas

19 888,26 €

Concello de Carballo

19 311,14 €

Concello de Cariño

12 039,46 €

Concello de Carnota

17 348,94 €

Concello de Cedeira

16 079,28 €

Concello de Cee

15 848,44 €

Concello de Corcubión

14 117,09 €

Concello de Culleredo

17 233,52 €

Concello de Dumbría

12 847,43 €

Concello de Fene

10 017,88 €

Concello de Fisterra

17 233,52 €

Concello de Laxe

18 849,45 €

Concello de Malpica de Bergantiños

13 995,72 €

Concello de Melide

15 235,90 €

Concello de Miño

17 544,37 €

Concello de Moeche

10 388,11 €

Concello de Monfero

10 272,69 €

Concello de Mugardos

10 423,54 €

Concello de Muros

17 695,21 €

Concello de Muxía

15 813,01 €

Concello de Narón

14 800,00 €

Concello de Neda

11 000,65 €

Concello de Negreira

12 039,46 €

Concello de Noia

15 963,86 €

Concello de Oleiros

18 503,18 €

Concello de Oroso

11 542,35 €

Concello de Ortigueira

16 540,98 €

Concello de Outes

12 705,00 €

Concello de Padrón

18 089,50 €

Concello de Pontedeume

16 887,25 €

Concello de Porto do Son

15 386,74 €

Concello de Rianxo

15 848,44 €

Concello de Ribeira

20 000,00 €

Concello de Santiso

10 071,61 €

Concello de Sobrado

11 693,19 €

Concello de Teo

18 272,33 €

Concello de Touro

11 231,50 €

Concello de Valdoviño

13 770,82 €

Concello de Vedra

11 773,19 €

Concello de Vimianzo

17 082,67 €

Concello do Pino

14 774,20 €

TOTAL CONCEDIDO

795 217,43 €

Lea también

CNC considera “prácticamente nulo” el impacto de la huelga general en el sector de la construcción

La Confederación Nacional de la Construcción (CNC) informa de que la huelga general convocada para …