O XXXV Certame Intercentros reúne no Pazo da Cultura de Narón a preto de 700 escolares

O Pazo da Cultura acolleu este xoves unha nova edición do Certame Intercentros Concello de Narón, que neste 2026 alcanza xa a súa trixésimo quinta convocatoria consolidado como unha das citas educativas e culturais de referencia na cidade.
 
Fuente Concello de Narón
Preto de 700 alumnos de Educación Infantil, Primaria e ESO participaron nunha xornada na que a lingua galega volveu ser o eixo vertebrador da creatividade do alumnado. Un total de 35 cursos dos CEIP Ponte de Xuvia, Virxe do Mar, Piñeiros e A Gándara, do CPI O Feal, do CRA Narón e dos IES Terra de Trasancos e As Telleiras —centro encargado este ano da organización— subiron ao escenario para presentar as súas propostas en diferentes disciplinas artísticas.
 
Poesía, canción, teatro e baile déronse a man nun programa variado no que non faltaron pezas con identidade propia e referencias ao contexto máis próximo. Entre as creacións que se puideron ver ao longo da mañá figuran títulos como “Dez gatiños viaxeiros”, “Esperta o himno”, “Mosca chosca”, “Lingua proletaria do meu pobo” ou “Vida en Narón”, mostra da diversidade de enfoques e da implicación do alumnado á hora de traballar a lingua desde perspectivas lúdicas, reivindicativas e tamén vencelladas á realidade local.
 
Fuente Concello de Narón
Fuente Concello de Narón
O acto estivo conducido por integrantes da Escola de Teatro de Narón, que foron dando paso ás distintas actuacións e contribuíron a dinamizar unha cita que cada ano gaña en participación e calidade. Ao longo da xornada, sucedéronse as intervencións sobre o escenario nun ambiente marcado pola convivencia entre centros e o interese compartido pola cultura galega. A entrega de premios celebrarase o próximo 18 de maio, coincidindo coas actividades do Día das Letras Galegas, tamén no Pazo da Cultura.
 
Fuente Concello de Narón
Nesta edición repartiranse un total de 8.000 euros en galardóns. O certame mantén así o seu obxectivo de promover o uso do galego entre as novas xeracións, ao tempo que fomenta a expresión artística e o traballo colectivo, converténdose nun espazo de encontro para a comunidade educativa de Narón.

Lea también

Xornada en Narón sobre a Regueifa organizada pola Piruchela Colectivo e A.C. Vai Rañala Meu!

A Asociación Cultural, Deportiva e Gastronómica A Piruchela e a Asociación Cultural Vai Rañala Meu! …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *