Xornada en Narón sobre a Regueifa organizada pola Piruchela Colectivo e A.C. Vai Rañala Meu!

A Asociación Cultural, Deportiva e Gastronómica A Piruchela e a Asociación Cultural Vai Rañala Meu! organizan conxuntamente este sábado 11 de abril unha xornada centrada entorno á regueifa.

A xornada comezará ás 12:00 horas no local social da entidade nedense onde se celebrará unobradoiro de regueifa impartido por Sechu Sende e Maré a Muda, cunha duración dunha hora no que se falará sobre os fundamentos básicos da regueifa dende unha perspectiva eminentemente práctica.

O custo do obradoiro é de balde para as persoas asociadas a calquera das dúas entidades e terá un custo de 5 € para o resto de persoas interesadas. A inscrición pode realizarse nos whatsapp 616 421 882 ou no 654 941 646 ou no enderezo electrónico info@acvairanhalameu.gal. A Xornada continuará ás 17:30 horas coa proxección do documental “Regueifando por pracer” que estará presentado por unha das súas autoras Raquel Doallo.

Dende as dúas entidades quérese convidar a todas as persoas interesadas a participar deste eido máis descoñecido da nosa tradición oral e que está a manifestar un auxe nos últimos tempos de mans de persoas como o propio Sechu Sende.

A actividade está organizada pola Asociación Cultural, Deportiva e Gastronómica A Piruchela e pola Asociación Cultural Vai Rañala Meu! e conta coa colaboración da Área de Cultura da Deputación da Coruña.

Dossier_Documental_Regueifando-con-Pracer-2

Lea también

Máis de 500 escolares de Narón participan nunha nova campaña de trampeo contra a vespa velutina

O Concello de Narón, en colaboración coa Asociación Galega de Apicultura (AGA) Ferrolterra, inicia este …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *