Narón súmase á celebración do Día Internacional do Pobo Xitano coa Cerimonia do Río

O Concello de Narón participa este mércores 8 de abril, na Cerimonia do Río organizada por Acción Familiar (AFA) Ferrol con motivo do Día Internacional do Pobo Xitano. O acto terá lugar ás 17:00 no Río Freixeiro, preto do parque, e inclúe a lectura dun manifesto e a ofrenda de pétalos.
 
 
A concelleira de Igualdade e Benestar Social de Narón, María Lorenzo, que anima a veciñanza a acudir a este evento, destaca que: «O Día Internacional do Pobo Xitano é unha oportunidade para visibilizar a riqueza cultural e histórica desta comunidade, así como para lembrar a necesidade de combater os estereotipos e a discriminación que aínda existen”.
 
Lorenzo remarca que “Reivindicar este día é reafirmar o noso compromiso coa igualdade e a diversidade, e recoñecer que a inclusión social é responsabilidade de todas”. A Cerimonia do Río pretende ser un espazo de encontro e memoria, no que se poida homenaxear o pobo xitano e reforzar os lazos de colaboración entre a comunidade e as entidades locais que traballan pola súa visibilidade e dereitos.

Lea también

Xornada en Narón sobre a Regueifa organizada pola Piruchela Colectivo e A.C. Vai Rañala Meu!

A Asociación Cultural, Deportiva e Gastronómica A Piruchela e a Asociación Cultural Vai Rañala Meu! …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *