O PSDEG rexeita a sanción da Xunta a Valdoviño pola piscifactoría de Meirás

“Dase a casualidade de que a xefa de gabinete da Consellería de Medio Ambiente, que toma esta decisión e impulsa esta sanción ao Concello é a voceira do Partido Popular neste concello«, apunta Bouza.

O deputado Aitor Bouza e o alcalde Alberto González reuníronse para abordar conxuntamente o problema.

O PSdeG-PSOE rexeita a sanción imposta pola Xunta de Galicia ao Concello de Valdoviño por mor da piscifactoría de Meirás. Aitor Bouza, deputado no Parlamento galego, e Alberto González, alcalde de Valdoviño, tiveron unha xuntanza para abordar conxuntamente a cuestión.

González afirmou que a piscifactoría foi «abandonada por parte da Xunta de Galicia»: «Non tivemos en ningún momento contestación nin apoio de Xunta de Galicia para buscar unha solución». «A partir de aí, o único que xerou foi unha sanción por parte da Xunta de Galicia, cando por parte do Concello, durante todos estes anos estivemos falando, intentando buscar unha colaboración continua con esta institución», explica o rexedor.

Dende o Concello buscábase «unha recuperación axeitada deste espazo», que incluise tanto unha reparación ambiental como o uso das edificacións «para os mariscadores, para uso da cidadanía en xeral» no municipio.

«En vez diso atopámonos cunha sanción, unha sanción que a propia Xunta de Galicia, a propia Consellería de Medio Ambiente está impoñendonos«, lamenta, a pesar de ser esta última a que «non autorizou as actuacións necesarias para analizar e intentar que non houbese ningún tipo de vertido nese ámbito». «Vamos ver que hai por detrás, que está sucedendo, se hai alguén por parte da Consellería que estea traballando para que en Valdoviño non se podía facer unha reparación efectiva deste espazo», indica o socialista.

Critica que a Consellería, «en vez de buscar unha solución a través dos antigos propietarios, o que busca é que sexan os veciños e veciñas de Valdoviño quen paguen unha sanción que non merecen». «Dende o Partido Socialista levaremos a sanción que se puxo por parte da Xunta de Galicia ao Parlamento galego», afirma pola súa banda Aitor Bouza.

O Grupo Parlamentario Socialista esixirá explicacións á Xunta sobre «por que se impuxo esta sanción cando a Xunta de Galicia non atendeu ós diferentes requirimentos que se fixeron dende o Concello de Valdoviño para poder tomar medidas na piscifactoría de maneira preventiva».

«Dase a casualidade de que a xefa de gabinete da Consellería de Medio Ambiente, que toma esta decisión e impulsa esta sanción ao Concello é a voceira do Partido Popular neste concello«, apunta Bouza.

«En vez de apostar pola colaboración entre as administracións, o Concello e a Xunta de Galicia, para poder apostar por un plan«, critica o deputado, opta «porque os veciños e veciñas de Valdoviño, aos que ela quere representar, teñan que pagar esta sanción».

Lea también

Éxito en Valdoviño en la II etapa por la Ruta Costera tras completar las plazas disponibles

El Ayuntamiento de Valdoviño cierra inscripciones en la 2ª etapa guiada por la Ruta Costera …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *