A Área de Igualdade da Deputación destina máis de 625 000 euros para apoiar programas de igualdade e investimentos en políticas de xénero realizados por entidades sen ánimo de lucro. As subvencións do programa FOIO0A/2026, resoltas provisionalmente, apoian iniciativas de empoderamento, conciliación, emprego en igualdade e loita contra as violencias machistas en toda a provincia. «O cambio constrúese desde o local e estas axudas fortalecen o traballo transformador das entidades», destaca a deputada de Igualdade, Sol Agra.
A Área de Igualdade da Deputación da Coruña destina máis de 625 000 euros para apoiar programas de igualdade e investimentos en políticas de xénero realizados por entidades sen ánimo de lucro. O Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP) publicou a concesión provisional das subvencións correspondentes ao programa FOIO0A, dirixido a entidades sen ánimo de lucro para o mantemento de programas en políticas de xénero no ano 2026. Súmanse ás axudas, xa definitivas, do programa FOIO0B para investimentos e mellora de recursos.
Da primeira destas liñas son beneficiarias provisionalmente 47 entidades, cun importe total de 573 081,75 euros. Asemade, hai outras tres que suman 26 917,98 euros, cuxa concesión está condicionada á emenda en prazo dos requisitos sinalados na resolución publicada no BOP.
Entre as entidades que provisionalmente resultan beneficiarias destas axudas cabe sinalar algunhas tan destacadas como Cruz Vermella Española, con 28 488,94 euros; Rexenerando S. Coop. Galega, con 25 455,63 euros; a Federación Galega de ANPAS Compostela, con 22 435,04 euros; A.L.A.S Coruña con 23 739 euros ou a Asociación de Mulleres Rurais de Galicia con 16 352 euros.
Grazas a estas axudas, poderanse desenvolver proxectos moi diversos, desde programas formativos e de capacitación profesional até servizos de apoio integral a mulleres en situación de vulnerabilidade, pasando por iniciativas de sensibilización, accións comunitarias ou recursos para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.
A deputada de Igualdade, Sol Agra, subliña que con esta convocatoria «reafirmamos o noso compromiso co apoio ao tecido asociativo que traballa día a día pola igualdade real e efectiva». Neste sentido, destacou que «o cambio constrúese desde o local», polo que considera fundamental «garantir a estabilidade dos proxectos que están a transformar a realidade social desde a proximidade».
Agra pon en valor «o papel do apoio económico das institucións ás entidades aliadas que traballan desde a sociedade civil», pois o seu coñecemento do territorio «permite desenvolver intervencións máis eficaces». Ademais, incide en que «sen ese traballo continuado sería máis difícil avanzar na prevención das violencias machistas e na promoción dos dereitos das mulleres».
Case 52 000 euros para equipamentos
A contía provisionalmente concedida mediante a liña FOIO0A/2026 súmase aos 52 612,11 euros xa outorgados definitivamente a finais de marzo a través do programa FOIO0B, dirixido a entidades sen ánimo de lucro para o investimento en políticas de xénero no ano 2026.
Resultaron beneficiarias 15 entidades da provincia, que destinarán os fondos a obras, adquisición de equipamento para a mellora de servizos, programas e actividades en materia de igualdade de xénero.
| Entidade | Obxecto | Contía da subvención |
| A.L.A.S. CORUÑA (Asociación pola liberdade afectiva e sexual da Coruña) | EI-2 Fomento da igualdade de xénero. Dereito a saber | 23.739,20 € |
| A.N.P.A. O Ramo do CEIP | EI-4 Conciliación. Madrugadores, ludoteca e campamentos para conciliación familiar durante o ano 2026 | 6.140,97 € |
| A.P.A. Avilés de Taramancos | EI-4 Conciliación. Actividades educativas e de apoio á conciliación | 3.605,63 € |
| A.P.A. C. Hijas Jesús de Noya A Coruña | EI-4 Conciliación. Campamento concilia verán meses de agosto e setembro | 3.009,14 € |
| A.P.A. C.P. E.G.B. Ortigueira Santa Cruz Rivadulla | EI-4 Conciliación e responsabilidades compartidas. Programa no verán Acamparte Fest | 4.557,04 € |
| A.P.A. Despertar CP Alejandro Rodríguez Cadarso de Noia | EI-4 Conciliación. Actividades educativas e de apoio á conciliación | 3.939,48 € |
| A.P.A. Los Quenllos del I.E.M.Y P. de Curtis | EI-2 Fomento da igualdade. Círculo do bo trato | 1.000,00 € |
| A.P.A. Titongo Escuela Infantil Monte Alto | EI-2 Fomento da igualdade. Fomento da igualdade na escola infantil de Monte Alto | 1.000,00 € |
| ANPA CEIP Apóstolo Santiago | EI-2 Fomento da igualdade. Continuación do programa “Medrando en igualdade” | 3.843,91 € |
| Arelas Asociación de Familias de Menores Trans | EI-2 Fomento da igualdade. Transformar, programa de sensibilización sobre diversidade sexual, de xénero e familiar | 6.153,61 € |
| AGRA (Asociación para a promoción e integración das mulleres galegas do rural) | EV-1 Prevención, sensibilización e identificación da violencia de xénero. Sementando igualdade | 12.020,97 € |
| Plataforma polo Emprego | EI-3 Fomento do emprego en igualdade de oportunidades. Cabo dela | 15.972,70 € |
| Asociación Tempus | EI-4 Programa de conciliación. Campamentos concilia no muíño de Pedroso 2026 | 18.986,59 € |
| Asociación Casa da Muller | EI-1 Empoderamento e participación. Aldea Muller 2026 | 5.993,36 € |
| AFA CEIP Mestre Rodríguez Xixirei | EI-4 Conciliación e responsabilidades compartidas. Actividades extraescolares 2026 | 5.747,42 € |
| Asociación de Movilidad Humana | EV-2 Tratamento integral da violencia de xénero. Servizo integral e interseccional ás mulleres migrantes | 18.800,18 € |
| Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia | EV-1 Prevención da violencia de xénero. Vio 9 ver para erradicar | 15.230,12 € |
| Asociación Euro Eume | EI-2 Fomento da igualdade de xénero e diversidade sexual. Enraizadas 2026 | 13.361,31 € |
| Asociación Mirabal | EV-1 Prevención da violencia de xénero. Programa de concienciación 2026 | 3.093,72 € |
| Asociación Mulleres Rurais Amurusa | EI-3 Fomento do emprego. Ecosabor 2026 | 1.869,58 € |
| Asociación Mulleres Rurais Ceres de Carballo | EI-3 Fomento do emprego. Ecoemprendemento desde a igualdade | 10.140,49 € |
| Asociación Mulleres Rurais de Galicia | EI-3 Fomento do emprego. Muller e emprendemento rural | 16.352,65 € |
| APA Arcediago A Xuntanza | EI-4 Conciliación. Comedor e actividades extraescolares | 6.768,97 € |
| ALAR Galicia | EV-2 Tratamento integral da violencia de xénero. Programa Atenea | 18.809,82 € |
| Asociación Puntodelas | EI-2 Fomento da igualdade. Voces que abren camiño | 8.603,60 € |
| Asociación R. y C. Los Tilos | EI-4 Conciliación. Un lugar para medrar | 7.296,04 € |
| ASEDUC | EI-1 Empoderamento. Empodera en movemento | 7.766,08 € |
| Asociación Teenses pola Igualdade | EI-1 Empoderamento. Programa 21 anos | 6.121,63 € |
| Asociación Visibles | EI-2 Fomento da igualdade. Xeración da igualdade 2026 | 22.969,21 € |
| Aventeira S. Coop. Galega | EI-2 Fomento da igualdade. Lentes violeta | 19.987,81 € |
| Confederación ANPAS Galegas | EI-2 Fomento da igualdade. Manuais e guías | 2.654,81 € |
| Cruz Roja Española | EV-2 Tratamento integral violencia de xénero | 28.488,94 € |
| Dalle que Dalle S. Coop. Galega | EI-3 Fomento do emprego. Apoio ao emprego rural | 7.818,91 € |
| FAPA Ferrol e comarca | EV-1 Prevención violencia de xénero. Encontro escolar | 18.842,76 € |
| Farmacéuticos Mundi | EI-2 Fomento da igualdade e diversidade sexual | 25.615,01 € |
| Federación Mulleres Rurais de Galicia | EI-1 Empoderamento. Asociadas | 15.607,01 € |
| FAGAL | EI-2 Fomento da igualdade. Pontes cara a igualdade | 18.166,15 € |
| Federación ANPAS Compostela | EI-4 Conciliación. Rede de ludotecas | 22.435,04 € |
| Federación de Redeiras O Peirao | EI-1 Empoderamento. Performance redeiras | 5.783,25 € |
| Feitoría Verde S. Coop. Galega | EI-1 Empoderamento. Descarboniza 2026 | 21.913,17 € |
| Fundación Amigos de Galicia | EI-3 Fomento do emprego. Em-femenino | 14.868,08 € |
| Fundación ECCA Social | EI-3 Fomento do emprego. Capacitación prelaboral | 3.919,71 € |
| Fundación Meniños | EI-2 Fomento da igualdade. Colexio de benquerer | 7.704,63 € |
| Fundación Mujeres | EI-1 Empoderamento. Apoio a coidadoras | 29.557,28 € |
| Hermanas Oblatas | EI-3 Fomento do emprego. Empregabilidade | 25.179,60 € |
| Rede Educativa LGBTIQ Galicia | EI-2 Fomento da igualdade. Congreso educativo | 6.190,54 € |
| Rexenerando S. Coop. Galega | EI-2 Fomento da igualdade. Laboratorio LGBT+ 2026 | 25.455,63 € |
| TOTAL | 573.081,75 € |
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.
