Narón abre o prazo para un curso gratuíto de preparación do permiso de camión con CAP

O Concello de Narón abre este xoves 26 de marzo o prazo de inscrición para un curso gratuíto de preparación para a obtención do permiso de condución C (camión) co CAP inicial de mercadorías,dirixido a persoas desempregadas.

O prazo de solicitudes permanecerá aberto ata o próximo mércores 1 de abril ás 13:30 horas e as inscricións poderán formalizarse no Rexistro Xeral municipal, na sede electrónica ou polos medios previstos na normativa vixente.

A acción formativa desenvolverase entre o 27 de abril e o 31 de xullo de 2026, cun total de 250 horas, na sede da Autoescola Anpidriver, na Gándara, en horario de mañá para as sesións teóricas, mentres que as prácticas de condución organizaranse de maneira individual nos períodos establecidos. O curso inclúe tanto a formación teórica e práctica do CAP como a preparación do permiso C, incluíndo tamén as taxas dos exames oficiais, agás o custo do psicotécnico, que deberá asumir o alumnado.

A convocatoria oferta un total de dez prazas, das que se reserva un 20% para persoas derivadas do Servizo Sociocomunitario, e a selección realizarase por rigorosa orde de inscrición sempre que se cumpran os requisitos esixidos, entre eles ter máis de 21 anos, estar empadroado en Narón —aínda que poderán acceder persoas doutros concellos se quedan vacantes—, estar en situación de desemprego e dispor do permiso B e do correspondente psicotécnico.

A listaxe provisional de persoas admitidas publicarase na sede electrónica municipal, abríndose un prazo de 24 horas para reclamacións, e as persoas seleccionadas deberán confirmar a súa participación tras seren contactadas telefonicamente.

Para máis información, pódese consultar a web municipal ou contactar co Servizo Sociocomunitario no teléfono 981 33 77 00 (extensións 1108 e 1109).

Lea también

Narón abre o prazo para dous cursos do Plan Municipal de Formación 2026 con 40 prazas

O Concello de Narón abre o luns 23 de marzo o prazo de inscrición para …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *