Ares recibe o premio extraordinario da XXV Campaña de Animación á Lectura María Moliner

 

Ata a capital española desprazáronse a concelleira de Cultura, Alma Barrón, e Caridad Nieto e Beatriz Martínez, do equipo bibliotecario aresán, para recoller o galardón, sendo Ares unha das dez localidades premiadas en todo o Estado con 10.000 euros.

Recoñécese así o bo facer desenvolto na Biblioteca Municipal no eido da dinamización cultural e a animación lectora, deseñando un proxecto baseado na conexión entre os libros, o pracer e o xogo.

É o oitavo premio María Moliner que obtén a biblioteca aresá, mais a primeira ocasión na que se acada esta categoría especial, actuando como única representante de Galicia.

Beatriz Martínez e Caridad Nietobibliotecarias de Ares, xunto con Alma Barrónconcelleira de Cultura, veñen de recoller onte en Madrid o premio extraordinario de Animación á Lectura María Moliner, no marco da súa XXV edición; un galardón que recoñece o traballo de dinamización cultural desenvolto nas instalacións da Biblioteca Municipal e que se traduce nun reforzo económico de 10.000 euros para a súa mellora.

Nun acto celebrado na sede da Federación Española de Municipios e Provinciais (FEMP), a biblioteca municipal aresán obtén este premio extraordinario que só acadaron outras nove localidades en todo o territorio nacional de entre as 562 propostas presentada, enfatizando a calidade do proxecto de Ares, ‘Ler por pracer… así ten que ser!’.

Dentro do proxecto galardoado, impulsáronse un conxunto de actividades e programacións pensadas para defender a lectura nun mundo onde o dixital o invade todo: “ler é un acto que convida a redescubrir o mundo, a xogar, a coñecernos como individuos e a desfrutar de novo da creatividade, a imaxinación e a fantasía”. Para a biblioteca aresá, “a lectura conecta coas emocións e nutre esa curiosidade que necesitamos tanto adultos como pequenos”.

O acto contou a nivel institucional coa presenza do Ministro de Cultura, Ernest Urtasun; a presidenta da Federación Española de Municipios e Provincias, María José García-Pelayo, e a directora xeral do Libro, do Cómic e da Lectura, María José Gálvez.

A FUNCIÓN SOCIAL DAS BIBLIOTECAS

Durante a entrega dos premios, a concelleira de Cultura de AresAlma Barrón, salientou que o premio extraordinario María Moliner “supón non só un apoio económico fundamental, senón tamén a constatación de que todas as horas de traballo, de dinamización cultural, con vocación de servizo público, merecen a pena”.

Barrón tamén fixo fincapé nafunción social das nosas bibliotecas, pois son, en tempos de polarización e división, un refuxio que non discrimina a ninguén. Democrático, horizontal. E tamén ese lugar ao que acudimos para escapar das pantallas, do ritmo frenético da vida, para tecer comunidade. Un espazo aberto ás ideas, á participación cidadá e á recuperación desa atención que perdemos constantemente”.

A edila de Cultura aproveitou a concesión do galardón para “agradecerlle ao equipo bibliotecario de Ares a súa entrega, ilusión e bo facer e formulou unha breve petición de peche: “que as bibliotecas continúen a ser, para todas aquelas persoas que o precisen, un refuxio amable, cálido e comunitario. Nós seguiremos traballando para que así sexa”.

SOBRE O PREMIO MARÍA MOLINER

Premio María Moliner de Animación á Lectura, creado polo Ministerio de Cultura e Deporte de España, ten como obxectivo recoñecer o traballo das bibliotecas públicas na promoción da lectura e a mellora dos servizos bibliotecarios. Este premio, que se outorga anualmente, busca fomentar a excelencia na xestión e animación das bibliotecas, así como destacar o papel fundamental que desempeñan no desenvolvemento cultural e educativo da sociedade.

No que atinxe a Ares, a biblioteca recibiu o recoñecemento en 2016, 2017, 2020, 2021, 2022, 2023, 2024 e agora, nesta XXV ediciónacada por primeira vez a categoría extraordinaria, exemplificando un compromiso constante co traballo de dinamización da lectura e da cultura na vila.

Lea también

El teatro Jofre en Ferrol acoge la zarzuela «La Gran Vía»

El Ayuntamiento de Ferrol sigue completando la programación cultural para el último trimestre del año. …