O Concello das Pontes proxecta a pavimentación da pista do Bidueiro (terceira fase), situada na parroquia de San Xoan do Freixo, no termo municipal das Pontes de García Rodríguez, unha actuación que será financiada pola Deputación da Coruña a través do Plan de Obras e Servizos (POS) 2026, cun investimento de 74.200 €.
Trátase dun viario de elevada circulación que conecta a estrada autonómica cos núcleos do Caxete, A Casa da Bouza, Merlán e as Lamelas, polo que a intervención ten como obxectivo principal mellorar a seguridade viaria e as condicións de desprazamento da veciñanza.
As obras previstas inclúen a reparación localizada das patoloxías do firme, o varrido da calzada, a reposición puntual das fochas con mestura bituminosa e o estendido dunha capa de aglomerado asfáltico en quente de 5 cm de espesor.
Ademais, realizarase a limpeza e reperfilado das marxes e cunetas cunha capa de saburra para evitar o chanzo producido polo recrecido do firme, completando a intervención coa sinalización horizontal e vertical necesaria.
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.