Últimos días para inscribirse no curso de ‘competencias clave’ do Plan Municipal de Formación en Narón

O Concello de Narón lembra que continúa aberto o prazo de inscrición para o curso de preparación de competencias clave de nivel 2, unha das accións formativas incluídas no Plan Municipal de Formación (PMF) 2026 e dirixida a persoas desempregadas do municipio.
Centro municipal de formación Irmás Froilaz, na Gándara
 
Esta formación, cun total de 215 horas, permitirá ao alumnado adquirir os coñecementos necesarios para acceder a certificados de profesionalidade de nivel 2. O programa inclúe contidos de competencia matemática (70 horas), comunicación en lingua castelá (65 horas) e comunicación en lingua galega (65 horas), así como un módulo de orientación laboral, busca de emprego e emprendemento de 15 horas. Ademais, contempla a realización de dúas visitas a empresas ou recursos formativos e dúas charlas complementarias.
 
O curso desenvolverase no centro municipal de formación Irmás Froilaz, na Gándara, entre o 7 de abril e o 29 de maio, en horario de 8:30 a 14:30 horas de luns a venres. En total ofértanse 20 prazas, reservándose un 20% para derivacións do Servizo Sociocomunitario. A selección do alumnado realizarase por rigorosa orde de inscrición no rexistro, tendo prioridade aquelas persoas inscritas nas probas de avaliación en competencias clave convocadas pola Xunta de Galicia para o acceso aos certificados de profesionalidade de nivel 2.
 
O curso está dirixido a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas en Narón, aínda que no caso de non cubrirse todas as prazas poderán acceder persoas doutros concellos por orde de inscrición. O prazo para presentar solicitudes permanecerá aberto ata o 27 de marzo ás 13:30 horas. As inscricións poden formalizarse no Rexistro Xeral do Concello de Narón, a través da sede electrónica municipal ou polos restantes medios previstos na normativa vixente.
 
As persoas admitidas deberán acreditar antes do inicio do curso a súa condición de demandantes de emprego mediante a correspondente tarxeta actualizada. Para máis información, as persoas interesadas poden consultar a web municipal ou contactar co Servizo Sociocomunitario no teléfono 981 33 77 00.
 
 

Lea también

La Xunta licita por 1,6 millones las obras para convertir una entreplanta en Narón en 14 viviendas públicas

La Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas ha dado un paso para ampliar el …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *