Cedeira organiza un curso de escritura creativa que imparte Alicia Freire

O programa desenvolverase en catro sesións na Biblioteca López Cortón.

O Concello de Cedeira organiza, con motivo da celebración do Día do Libro, o curso de escritura creativa “Fala memoria” que se vai celebrar na Biblioteca Municipal López Cortón en catro sesións de hora e media cada unha, os días 23 e 30 de abril e 14 e 28 de maio, de 17.00 a 18.30horas.

A escritora, guionista e realizadora audiovisual Alicia Freire Vera será a encargada de impartir este programa, que está aberto a todas as persoas interesadas a partir de 18 anos.

O leitmotiv do curso será aprender a tirar do fío da memoria para construír un relato. Partindo dunha imaxe, dunha emoción real ou imaxinaria, as persoas participantes aprenderán fórmulas para espertar a creatividade e escribir as súas narracións.

Alicia Freire, que vai impartir o taller de maneira práctica, é autora das novelas “Sobre el muro ata que escampe” e “Lo que vuelve a tierra”, nas que conta a vida da súa familia.

Nada en Montevideo en 1970, é filla dun músico cedeirés que emigrou a Uruguay e ela misma fixo ese exercicio de pescudar na memoria para construír ditas historias.

A inscrición para o curso está aberta e pode formalizarse na Biblioteca Municipal. Hai límite de prazas, que se adxudicarán por rigorosa orde de inscrición.

Lea también

Fene festexou trinta anos dos ‘Premios Curuxa’

“O Concurso de Humor Gráfico e Caricatura que organiza o Museo do Humor Xaquín Marín …