Valdoviño celebra o Día das Letras Galegas co programa “Begoña Caamaño estivo aquí!”

O Concello de Valdoviño continúa esta semana celebrando a través da palabra e a música as Letras Galegas 2026, e este venres convida á cidadanía a participar na biblioteca na actividade “Begoña Caamaño estivo aquí!”.

A partir das 19:30 horas, a mestra e directora de teatro Pim Patinho ofrecerá unha charla sobre a xornalista, coa que mantivo unha relación de amizade. De feito, Pim Patinho acompañaba á escritora na presentación do seu libro “Morgana en Esmelle” no auditorio da casa da cultura de Valdoviño, o 16 de novembro de 2012.

Patinho regresará este venres, 14 anos despois, para falar en Valdoviño deste capítulo e da dimensión máis activista de Begoña Caamaño, do seu papel dentro do feminismo e da súa participación nas loitas pola igualdade, os dereitos das mulleres e a transformación social.

O acto contará coa música de Maio, que integran Lorena Hermida e Jorge Casas. A acción cultural inclúese no programa “Valdolingua IV. Máis Lingua, Máis Letras. Begoña Caamaño Estivo Aquí”, e conta co apoio da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia

Lea también

El grupo ferrolano BÖJ recibe el Premio de la Música de la SAF

La Sociedad Artística Ferrolana otorga además la Primera Medalla «Sotomayor» al pintor Pepe Barreiro Gómez …