Teatro do Andamio trae a Valdoviño “A verdadeira historia dos tres porquiños e o lobo feroz”

A función comezará ás 18:00 horas con entrada de balde.

O Concello de Valdoviño convida ás familias a asistir este domingo 29 de marzo ao teatro. O auditorio da casa da cultura acolle a representación da obra “A verdadeira historia dos tres porquiños e o lobo feroz”, de teatro do Andamio. A función dará comezo ás 18:00 horas con entrada de balde e libre ata completar aforo.

O espectáculo de actores e obxectos narra a verdadeira historia dos tres porquiños, ou mellor dito, dos tres porquiños e da súa irmá, unha porquiña moderna, intelixente e loitadora. Unha visión actual que defende os principios fundamentais: a igualdade e a solidariedade.

A peza, incluída na programación “Somos e Contamos” deseñada polas concellerías de Cultura e de Servizos Sociais para conmemorar o Día Internacional da Muller, inclúese na Rede Cultural da Deputación provincial da Coruña.

Lea también

Valdoviño facilita los horarios estivales de transporte público

Desde el Concello informan que los horarios han sido facilitados por Monbús y se pueden …