Neda acolle un obradoiro sobre estereotipos de xénero no CEIP San Isidro

O alumnado de terceiro e cuarto do CEIP San Isidro participou na mañá deste venres 20 de marzo no obradoiro sobre estereotipos e roles de xénero, impulsado polo Concello de Neda, no marco da programación do 8M, para avanzar cara a unha igualdade real.

Fuente Concello de Neda
Fuente Concello de Neda

A través de distintas dinámicas na aula, a actividade persegue que os nenos e nenas identifiquen roles sexistas e reflexionen sobre modelos masculinos e femininos máis acordes coa sociedade actual. A próxima semana a actividade municipal desenvolverase no CEIP de Maciñeira. 

Fuente Concello de Neda
Fuente Concello de Neda

Lea también

Fene avanza na limpeza dos ríos urbanos e reforza a prevención ante a temporada de choivas

Os traballos actuaron sobre o río Cádavo ao seu paso por Fene e Perlío e …