Valdoviño convoca o proceso selectivo para crear unha lista de emprego de auxiliar administrativo

A publicación das bases no BOP marca o inicio do prazo para a presentación de solicitudes para concorrer ao proceso, que se realizará polo sistema de oposición libre.

O Concello de Valdoviño lanza a convocatoria para a creación dunha lista de emprego de auxiliar administrativo. O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe as bases que rexerán o procedemento, polo sistema de oposición libre. Así, a partir de mañá, 21 de marzo, as persoas interesadas en concorrer ao proceso poderán presentar a súa solicitude.

O prazo para formalizar o trámite será de 10 días naturais, a través da sede electrónica ou rexistro municipal da casa consistorial. Esta listaxe permitirá cubrir prazas de auxiliar administrativo como funcionario/a interino/a, e terá unha vixencia de 4 anos.

As bases da convocatoria, ademais do temario, pode consultarse no BOP de este venres, onde tamén figura a instancia a cubrir para optar ao proceso -deberá acompañarse de copia do documento nacional de identidade ou pasaporte; copia do título que acredita como requisito mínimo para acceder ao proceso selectivo, e de ser o caso, copia do CELGA 4 ou equivalente, co que quedarán exentos do exame de galego-.

Enlace ao Boletín Oficial da Provincia:

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/03/20/2026_0000001621.html

Lea también

Conmemoración do 122 aniversario da Alianza Aresana con música e unha ofrenda floral

Este venres 20 de marzo lembrarase o legado desta emblemática institución que tanto contribuiu a …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *