Carmen Blanco Sanjurjo presenta en Valdoviño a súa novela «Gorrións e Falcóns»

No marco do programa municipal «Son de Aquí e Escribo» a escritora Carmen Blanco Sanjurjo propoñíanos o pasado mércores unha fantástica viaxe á Galicia de mediados do século XV.

Tras a presentación do alcalde, Alberto González, a autora desgranaba con auténtica paixón algunhas das historias máis fascinantes do noso pasado, recollidas na súa primeira novela histórica «Gorrións e Falcóns», na que aborda a Revolta Irmandiña.

Historias nas que conflúen intriga, guerra, política, relixión, sexo, morte… todos os ingredientes para captar a atención dun público que desfrutou, e moito, do relato da autora. Xunto ao seu compañeiro Santiago Rodríguez, Carmen mesmo compartiu algúns fragmentos da obra a través dunha lectura teatralizada con cantiga incluída.

En Valdoviño, avanzou tamén que xa está a traballar na segunda parte da que está chamada a ser unha triloxía.

Lea también

Fernando Lores Heredia, galardonado en el Museo Naval de Ferrol con el Premio de Pintura de la Mar ‘Almirante 2026’ 

Este jueves día 29 de octubre, a las 12.00 horas, se ha celebrado en la …