Apertura nas Pontes do plazo de novo ingreso na escola infantil a Barosa

O Concello das Pontes informa de que desde este 20 de marzo ata o 15 de abril de 2026, ambos os dous incluídos, permanecerá aberto o prazo de solicitude de novo ingreso para o curso 2026/2027 na Escola Infantil Municipal A Barosa.

As persoas interesadas deberán achegarse ao centro para recoller o sobre coa documentación necesaria para a súa tramitación. O horario de atención será de luns a venres, de 10:30 a 13:00 horas.

Unha vez completada, cada familia deberá presentar a documentación no Rexistro Xeral do Concello das Pontes, solicitando previamente cita nos teléfonos 674 55 21 84 ou 667 12 93 80. Tamén poderá realizarse o trámite a través da sede electrónica do Concello das Pontes.

Para máis información, recoméndase contactar directamente co centro.

Lea también

Valentín Calvín celebra la llegada del servicio de hospitalización a domicilio HADO a Ortigueira

El regidor ortegano celebra que el conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, anunciase la puesta …