Nova acción formativa en Valdoviño do Programa Integrado de Emprego de Galicia

Fuente.- Concello de Valdoviño

Valdoviño volve ser sede dunha nova acción formativa do Programa Integrado de Emprego de Galicia que impulsa a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol co financiamento da Consellería de Emprego e do Ministerio de Traballo e Economía Social.

Esta pasado lúns daba comezo o curso de habelencias sociais: comunicación, intelixencia emocional e traballo en equipo, 20 horas de formación transversal dun proxecto dirixido a mulleres en situación de desemprego empadroadas en municipios da Mancomunidade coma Valdoviño.

A concelleira de Cultura e Servizos Sociais, Rosana García, daba a benvida ás mulleres de Cedeira e Valdoviño que participarán da formación esta e a próxima semana no centro sociocomunitario. Trátase da segunda acción formativa que acolle o municipio dende que arrancase o programa neste 2026, tras a celebración en febreiro do curso Técnicas de busca de emprego.

Lea también

Neda acolle unha competición de boccia impulsada pola ASCM

Neda programa este venres, 19 de xuño, unha competición oficial de boccia, deporte paralímpico de …