O certame O Talentiño continúa consolidándose como unha plataforma de impulso para o talento emerxente cun sistema de premios que recoñece non só as mellores actuacións, senón tamén o potencial artístico das persoas participantes.
Todas as actuacións seleccionadas para participar na Gala Final, que se celebrará no Teatro Jofre o vindeiro 12 de Abril ás 19:00 horas, recibirán un diploma acreditativo en recoñecemento á súa participación na gala final do certame xunto cunha entrada a un parque multiaventura en Viveiro e outros agasallos e sorpresas que está a preparar a organización do evento.
No que respecta aos galardóns principais, os primeiros premios de cada categoría recibirán un vale de 300 euros, ademáis da entrada ao parque multiaventura en Viveiro, ao igual que todos os finalistas. Asemesmp poderán participar en entrevistas em medios de comunicacion, entre eles no programa «Quen anda ahí?» da Television de Galicia
Novos premios
Ademais dos primeiros premios, o certame reforza o seu compromiso coa proxección de novos talentos. Aquelas persoas participantes que o xurado considere especialmente destacadas pola calidade ou singularidade da súa proposta pasarán a formar parte dun catálogo de xoves artistas, unha iniciativa que permitirá dar visibilidade aos seus traballos e facilitar futuras oportunidades artísticas.
Como novidade desta edición, o xurado escollerá entre as actuacións premiadas orepresentante de O Talentiño 2026 da Provincia da Coruña, que terá a oportunidade de actuar na final da vindeira edición do certame.
Outra das novidades deste ano será a mención especial á promoción da lingua e da cultura galegas, que o xurado outorgará á actuación que destaque por un maior uso e difusión do galego e dos elementos culturais propios de Galicia e que se entregará entre as actuacións que teñan un vínculo coa cultura galega.
Con estas iniciativas, O Talentiño reforza o seu obxectivo de apoiar ás novas xeracións de artistas, premiando tanto a calidade artística como o compromiso coa cultura galega e ofrecendo novas vías de proxección para a mocidade creadora.
Salto provincial e inscricións abertas
Nesta cuarta edición, O Talentiño amplía o seu alcance e abre a participación a mozos e mozas de entre 8 e 18 anos (ambas idades incluídas) de toda a provincia da Coruña. O certame conta co respaldo do Concello de Ferrol e coa colaboración do Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña. Os participantes poderán competir en
cinco categorías: vocalistas, instrumentistas, danza lírica, danza urbana e variedades (maxia, monólogos ou artes escénicas, entre outras). A participación poderá ser individual ou en grupo, ampliándose nesta edición ata 25 integrantes por formación.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 28 de marzo a través da páxina web oficial do festival https://2026.otalentino.es.
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.
