Neda inicia o proceso selectivo para a contratación de catro albaneis en situación de desemprego

O Concello de Neda convoca o proceso selectivo para cubrir as catro prazas de albaneis, das que disporá a cuadrilla municipal, que se porá en marcha ao abeiro da subvención do PEL- Concellos 2026 da Deputación da Coruña. A partir deste martes 17 e por un prazo de cinco días hábiles, as persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes para optar a estes postos.

Trátase de catro empregos a tempo parcial (87,5 % da xornada), por un período de seis meses. A proposta laboral vai destinada, como en anos anteriores, a acadar a inserción laboral de persoas desempregadas en situación de exclusión social, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como persoas demandantes non ocupadas, mediante a realización de obras de posta a punto e reparación de vías e espazos públicos.

Así, poderán presentar candidatura ata o martes 24 de marzo no Rexistro Xeral do Concello (sede electrónica), veciños maiores de 45 anos; menores de 30; mulleres; desempregados de longa duración (máis dun ano na busca de emprego); persoas cun grado de discapacidade por riba do 33%; persoas que vivan nun fogar no que ninguén teña emprego, persoas de fogares monoparentais…

En calquera caso, deberán contar coa categoría profesional requirida, e capacidade para levar a cabo as tarefas.

Na selección valorarase a experiencia previa en traballos similares, a formación específica neste oficio, e a dispoñibilidade de carné de conducir, ademais de circunstancias socioeconómicas das persoas candidatas.

As bases da convocatoria, así como o modelo de solicitude de admisión ao proceso selectivo, están dispoñibles nas oficinas xerais da casa consistorial e na web municipal.

Lea también

Neda hace un llamamiento para que se reduzca el consumo de agua ante la escasez de reservas hidráulicas

El alcalde de Neda ha emitido un comunicado oficial recomendando a los vecinos hacer un …