A Deputación destaca a importancia do «produto de quilómetro cero» na VIII Feira do Queixo de Moeche

A Feira do Queixo segue batendo récords de asistencia e confirma que o público que acode a Moeche “vén para comprar”.

Sol Agra, Cristina García, Xosé Regueira e Beatriz Bascoy visitando os postos da feira, en concreto o de Lácteos de Moeche

Un ano máis a Feira do Queixo de Moeche superou as expectativas. Ao longo de todo o día o recinto feiral reuniu a multitude de persoas chegadas de toda a contorna para degustar e mercar nalgunha das 35 queixerías participantes nesta oitava edición ou dos 32 postos de produtos agroalimentarios que fixeron da cita deste ano a de máis elevada parƟcipación ata agora.

A alcaldesa, Beatriz Bascoy, destacou que -a diferencia do sucedido outros anos, nos que a meirande concentración de xente era a mediodía- nesta ocasión e desde ben cedo produciuse unha afluencia de público moi continuada. Os espazos de aparcamento enchéronse coa cantidade de vehículos que se desprazaron ata o recinto feiral de Moeche, e no Tren do Queixo viaxaron ata a localidade 135 persoas.

O vicepresidente da Deputación destaca a excelente resposta do público ao mercado de produtos agroalimentarios que estivo na localidade este ano por primeira vez.

O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, e a deputada de Plans Provinciais, Cristina García Rey, visitaron esta mañá a VIII Feira do Queixo de Moeche coincidindo coa apertura da xornada do domingo no recinto feiral da localidade. Xunto a alcaldesa da localidade, Beatriz Bascoi, Realizaron un percorrido polos postos do Mercado da Deputación instalados na feira, un espazo que reúne produtoras e produtores da provincia e que forma parte das accións de promoción do sector agroalimentario impulsadas pola institución provincial. A presenza deste mercado súmase ao apoio que a Deputación leva prestando ao evento ao longo dos anos.

No marco da programación da feira, Regueira e García —concelleira de Desenvolvemento Local na localidade— asistiron tamén ao primeiro dos tres pases do showcooking do chef André Arzúa, ás 11:30 horas. O cociñeiro preparou lingote de galiña piñeira recheo de queixo de Moeche co seu caldo; así como unha mousse de queixo de Moeche, mel e améndoa caramelizada.

O vicepresidente destacou o valor da feira como exemplo da capacidade de dinamización que poden xerar iniciativas impulsadas desde concellos pequenos. «Eu creo que en concellos pequenos en orzamento, coma Moeche, pero grandes en ilusión, en fe, en querer trasladarlle músculo e vitalidade á súa cidadanía e aos seus sectores económicos, merecen sempre o apoio da Deputación», afirmou.

Feira do Queixo de Moeche 2026

Regueira puxo tamén en valor o esforzo do Concello por consolidar unha cita que, segundo subliñou, «vai alén da propia feira» e ten repercusión na produción agrogandeira e na hostalaría da comarca. Neste sentido, lembrou que a Deputación leva anos apoiando esta iniciativa e que nesta edición se reforza a colaboración coa presenza do Mercado da Deputación, que permite sumar a outros produtores da provincia e contribuír a ampliar o impacto do evento.

O vicepresidente destacou ademais a boa acollida que está a ter o Mercado da Deputación na súa primeira participación na Feira do Queixo de Moeche. Explicou que «xa desde primeiras horas da xornada» se percibía un ambiente moi animado ao redor dos postos. «Hai moita xente comprando, todo o mundo está moi contento por esta afluencia de público», sinalou. Segundo Regueira, está sendo «fantástica e moi positiva» esta primeira experiencia en Moeche e avanzou que a intención da Deputación é repetir o formato o vindeiro ano.

O tamén deputado de Turismo e Promoción Económica salientou tamén o valor da feira como punto de encontro para produtoras e produtores da provincia. Segundo explicou, ademais dos participantes no Mercado da Deputación, outros produtores están a achegarse para coñecer como poden incorporarse ao ecosistema de empresas da marca ‘A paisaxe que sabe’, «con todo o positivo que significa para a nosa marca», apuntou.

O vicepresidente incidiu tamén no potencial da feira como espazo de contacto directo co público. «É un evento con moito potencial, sobre todo de consumidor final, distinto a outros aos que imos para abrir vías para as canles de distribución», indicou. Neste sentido, subliñou que este tipo de encontros tamén contribúen a achegar á cidadanía os produtos locais. «É importante para popularizar o produto de altísima calidade que temos entre a sociedade; un produto de quilómetro cero, sostíbel, non só para comer mellor, senón tamén para protexer o noso sistema produtivo e o planeta», afirmou.

Pola súa banda, a deputada provincial de Plans Provinciais e concelleira de Desenvolvemento Local de Moeche, Cristina García Rey, destacou o potencial do recinto feiral da localidade e o peso que ten o sector primario na economía do municipio. «Somos un concello pequeno e rural, cunha forte presenza do sector primario, e ademais temos a sorte de contar cun recinto feiral moi amplo e con moitas posibilidades. Por iso tratamos de aproveitalo ao máximo para organizar iniciativas coma esta feira, que poñen en valor os nosos produtos e dinamizan a vida económica e social do concello», sinalou.

Posto da Queixería Temia

A queixería asturiana Temia, da DOP Afuega’l Pitu, que vén por terceiro ano á feira, confirmou que estivo moi animada, con moi boa disposición de compra por parte dos clientes, e agradeceu ao Concello que este ano fosen a queixería convidada. Este tipo de feiras, dixo a súa responsable, Verónica Álvarez, son un valor engadido para dar a coñecer o seu produto, no seu caso procedente dunha pequena aldea de oito habitantes onde traballan de maneira totalmente artesanal.

Pola súa banda, desde Lácteos de Moeche, Senén Ramos incidiu no constante crecemento da feira. “A verdade é que este ano a promoción foi espectacular e estamos todos os postos vendo que máis queixo Ɵñamos que ter para vender hoxe”, apuntaron.

A Feira do Queixo de Moeche reuníu durante toda a fin de semana postos de venda de queixos e produtos artesáns, actividades culturais e propostas gastronómicas arredor dun produto emblemático da comarca. Ademaís ss persoas que se desprazaron ata Moeche tiveron tamén a posibilidade de realizar visitas ao castelo, no que durante a fin de semana estivo aberta unha exposición de madeira, pintura, cestería e cantería do veciño da parroquia de San Xurxo José Luís Beceiro Calvo, coa colaboración da AVCR Val de Moeche.

Showcooking de André Arzúa

Programación da Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña participa nesta VIII Feira do queixo de Moeche patrocinando varias actividades e cun mercado de artesanía agroalimentaria baixo a marca ‘A paisaxe que sabe’.

Nesta edición, no Mercado da Deputación participan produtoras e produtores da provincia da Coruña como Xearte Brigitte, As Camposeiras, Cafés Aruba, Empanadas Ternura, Asociación Raíña, Cafés Lúa, Galuriña, San Isidro Bakery e Queixo fresco e requeixo Sillobre.

Asemade, a institución provincial tamén organizou este domingo tres demostracións culinarias a cargo do chef André Arzúa. Para pechar a xornada, o grupo De Ninghures ofrecerá un concerto, tamén financiado pola Deputación, ás 19:30 horas.

Lea también

A Deputación da Coruña concede case 650.000€ en axudas a 50 entidades e fundacións culturais

As contías concedidas oscilan entre os 5 000 e os 25 500 euros. A deputada de Cultura, …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *