A Aula CeMIT de Narón abre este luns inscrición para dous cursos de iniciación ás competencias dixitais

O Concello de Narón abre este luns, 16 de marzo, ás 9.00 horas, o prazo de inscrición para dous cursos de preparación ao ComDix Iniciación que se desenvolverán na Aula CeMIT.

Trátase de dúas accións formativas de capacitación dixital, que se impartirán en diferentes quendas para facilitar a participación da cidadanía: unha en horario de mañá, de 9.30 a 13.30 horas, e outra en horario de tarde, de 16.00 a 20.00 horas. Os cursos desenvolveranse do 7 de abril ao 23 de xuño, e terán unha duración total de 216 horas cada un. En ambos casos ofertaranse 12 prazas, que se cubrirán por orde de inscrición.

O concelleiro de Novas Tecnoloxías, Román Romero, destacou a importancia destas iniciativas para seguir avanzando na capacitación dixital da veciñanza, facilitando o acceso a coñecementos básicos que permiten desenvolverse con seguridade no uso das tecnoloxías dixitais.

O programa formativo está orientado a proporcionar as habilidades necesarias para superar a certificación ComDix Iniciación, centrada na alfabetización dixital e no uso seguro das tecnoloxías. Entre os contidos abordaranse cuestións como o manexo de dispositivos e información dixital, a comunicación e colaboración en liña, o uso da administración electrónica ou a creación de contido dixital.

Ademais, o alumnado aprenderá aspectos relacionados coa seguridade e o benestar dixital, como a protección de datos persoais, a privacidade na Red ou a prevención de riscos asociados ao uso das tecnoloxías. O curso tamén inclúe unha introdución a ferramentas ofimáticas e creativas na nube, así como nocións básicas de deseño web.

As persoas interesadas poden obter máis información e realizar a inscrición a partir deste luns na plataforma da rede CeMIT.

Lea también

Lúa Teijeiro Aneiros del Club Arco Narón elegida mejor deportista de Ferrol 2025 en esta modalidad

La arquera ferrolana Lúa Teijeiro Aneiros, alumna desde sus comienzos en este deporte de la …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *