A I Foliada do Queixo abriu boca para a feira celebrada en Moeche

Houbo unha recepción á queixería convidada deste ano, a asturiana Temia, e actuaron No Cómbaro, Tocata Xou, Buxainas e a Escola de Gaitas de San Sadurniño.

O recinto da feira de Moeche acolleu as primeiras actividades relacionadas coa Feira do Queixo, cuxa oitava edición ten lugar este domingo durante todo o día.

Temia -da Denominación de Orixe Protexida Afuega’l Pitu-, de Asturias, é unha pequena empresa familiar que leva o nome da aldea na que ten a súa sede e que leva a cabo un proxecto de produción ecolóxica pioneiro en España, como modelo de autosuficiencia e sostibilidade.

O relevo desta presentación collérono as agrupacións participantes na I Foliada do Queixo, coa participación das agrupacións No Cómbaro, de As Pontes; Tocata Xou, de As Somozas; a Agrupación Cultural Buxainas, de Cedeira e a Escola de Gaitas de San Sadurniño. Foron elas as encargadas de poñer música na xornada previa á feira con esta actividade organizada polo Concello en colaboración coa Asociación Cultural Irmandiños de Moeche.

 

Este domingo ten lugar a feira, cun variado programa de actividades complementarias como catas comentadas, demostracións culinarias, obradoiros infantis e para maiores e música.

O grupo De Ninghures clausurará á feira ás 19:00 horas cunha actuación que forma parte da colaboración da Deputación da Coruña, que este ano leva ademais o mercado que desenvolve baixo a marca “A paisaxe que sabe” por primeira vez a Moeche.

Lea también

La SAF entrega su X Paleta de Plata a Corín Cervera en un acto en el Parador de Turismo de Ferrol

La Sociedad Artística Ferrolana-SAF celebrará Fray Angélico 2026 este sábado 14 en el Parador de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *