Actividade de interpretación do medio intermareal organizada pola SGHN en Ares

 

O sábado 21 de marzo nas Mirandas (ría de Ares) terá lugar unha actividade de interpretación do medio intermareal organizada pola Delegación de Ferrol da Sociedade Galega de Historia Natural-SGHN e subvencionada pola Deputación da Coruña. A saída estará guiada polo biólogo Joam Luis Ferreiro Caramés.

A hora e lugar de encontro será ás 9:00 horas da mañá no paseo de Ares, no cruce da Praza Sánchez Barcaiz coa Avenida do Teniente https://maps.app.goo.gl/ErCypNv65fg6gsz66  para trasladarse posteriormente á praia das Mirandas. A actividade durará unhas 3 horas.

Esta actividade é de dificultade media por tratarse dun terreo rochoso e será necesario levar botas de auga. O límite será de 20 participantes, sendo preciso inscribirse antes do xoves 19 no correo electrónico  ferrol@sghn.org  aportando nome, apelidos, DNI e teléfono para xestionar o seguro.

Lea también

Amplo programa de actividades na Festa das Pepitas de Ferrol

O acto institucional e as roldas polas rúas son algúns dos eventos destacados na axenda …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *