A Universidade da Coruña conmemorou o 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, no Campus Industrial de Ferrol

Cristina López

A Sala Anexa ao Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol acolleu, este luns, 9 de marzo, o acto co que a Universidade da Coruña (UDC), conmemora o 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, na cidade
departamental.

Ana Ares

A vicerreitora de Igualdade e Diversidade, Cristina López, abriu un emotivo acto no que a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares, leu un manifesto centrado no lema proposto por ONU Mulleres: “Dereitos. Xustiza. Acción. Para TODAS as mulleres e nenas” e no que se reivindicaron os dereitos das mulleres tanto dentro como fóra da institución académica.

Logo da lectura do manifesto, a subdirectora da Oficina de Igualdade da UDC, María José Abad, deu conta da avaliación intermedia do III Plan de Igualdade da universidade, correspondente ao primeiro bienio do mesmo, así como dos retos pendentes para os próximos dous anos, destacando os logros en gobernanza e na prevención de violencias machistas.

María José Abad

De seguido, e baixo a consigna “Polos dereitos das mulleres migrantes”,  interviñeron as alumnas do programa de doutoramento en Física Aplicada, Jesika Asatryan e Claudia Quintero, e a investigadora asociada Zoia Haholkina, ambas as tres vinculadas ao Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) do Campus Industrial de Ferrol.

O acto conmemorativo rematou coa entrega dos premios do concurso de slongans organizado pola Universidade da Coruña (UDC) motivo do 8 de Marzo. No campus ferrolán resultaron galardoados e galardoadas o alumno da
Facultade de Humanidades e Documentación, Alejandro González Viqueira, e as alumnas da Facultade de Enfermaría e Podoloxía, Uxía Fernández González, Antía Isabel Lorenzo Sáenz e Sara Villasenín Veiras.

Lea también

O Campus Industrial de Ferrol acolle unha nova edición do curso sobre xestión de residuos industriais

A Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e o Centro de Tratamento de Residuos …