O Campus Industrial de Ferrol acolle a xornada “O Enxeñeiro Naval no transporte marítimo”

Este 10 de marzo ás 10:30 horas terá lugar na aula 01- EPEF -Campus Industrial de Ferrol, a primeira das xornadas que a Delegación Territorial en Galicia do Colexio e Asociación de Enxeñeiros Navais e Oceánicos, ten previsto organizar ao lóngo do 2026, en colaboración coa Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol (EPEF) e subvencionada pola Deputación da Coruña.

Fuente ingenierosnavales.com

Na charla falarase brevemente sobre os principais tipos de empresas relacionadas co breakbulk e os requerimientos para contratar Enxeñeiros, para pasar a explicar máis en detalle, as funcións a realizar no día a día. A través de casos reales amosarase cómo se aplican os conceptos teóricos na vida real.

Nesta ocasión a conferencia será impartida polo Enxeñeiro Naval e Máster en Loxística e Transporte, D. Ignacio Torres Martínez que na actualidade exerce como Responsable de Enxeñería do Transporte en Erhardt Renewables. No pasado traballou en termináis portuarias en España e Portugal, así como en navieras e operadores loxísticos en Alemania.

Inscricións:  https://forms.gle/hEMwXBBnT86sXdXb6 

A xornada está dirixida a estudantes de Grado e Máster, e público en xeral interesado na materia ata completar aforo.

Lea también

Este mércores, relatorio da expedición por Groenlandia e máis polo Atlántico Norte de 2 alumnos do Campus Industrial de Ferrol,na Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos

O Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol acolle, o mércores 22 …