O Concello das Pontes vén de adxudicar á empresa CANARGA, S.L. as obras correspondentes ao proxecto de mellora de firme e seguridade viaria en O Paraño, cun investimento de 109.346,76 euros.

Esta actuación supón un novo paso no compromiso municipal coa conservación e mellora das infraestruturas viarias no ámbito rural, garantindo condicións máis seguras e cómodas para a veciñanza.
A intervención céntrase na renovación integral do firme do camiño, que presenta un importante desgaste, así como na adecuación da súa rasante para evitar problemas nos accesos ás vivendas.
As obras consistirán na renovación completa do pavimento, reforzando a súa estrutura para asegurar unha maior durabilidade e mellor comportamento fronte ao tránsito habitual. Ademais, adaptarase a cota do viario en varios puntos para evitar desniveis que dificultaban os accesos ás casas, mellorando así a funcionalidade e a integración da estrada coas edificacións existentes.
O proxecto inclúe tamén actuacións para optimizar a drenaxe e favorecer a correcta evacuación das augas pluviais, co obxectivo de previr acumulacións de auga e posibles deterioros do firme.
Así mesmo, incorporaranse medidas de calmado de tráfico para contribuír á redución da velocidade dos vehículos e aumentar a seguridade das persoas peóns, especialmente nas zonas máis próximas ás vivendas.
Completarase a intervención coa renovación e reforzo da sinalización horizontal e vertical, así como coa reposición dos servizos que poidan verse afectados polas obras, garantindo en todo momento o mantemento do abastecemento básico.
Con esta actuación, o Concello das Pontes reafirma a súa aposta pola mellora continua da rede viaria municipal, prestando especial atención ás necesidades do rural e contribuíndo a ofrecer
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.