O pleno aproba o Plan de Conservación de Vías Provinciais 2026, que incrementa o seu orzamento nun 7,5% e, xunto cos programas de reparacións urxentes e desbroces, supón un investimento medio de 8.192 euros por quilómetro na rede viaria provincial.
O pleno da Deputación da Coruña aproba cos votos favorables de PSOE, BNG e AV e a abstención do PP, a primeira fase do Plan de Conservación de Vías Provinciais 2026, que contará cun orzamento de 12.242.041 euros, o que supón un incremento do 7,5% respecto ao pasado ano.
O plan contempla a execución de obras de mantemento, reparación de firmes e pavimentación nos máis de 2.000 quilómetros de estradas que integran a rede provincial, co obxectivo de mellorar as condicións de circulación e reforzar a seguridade viaria.
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou a importancia destas actuacións, subliñando que “manter en boas condicións unha rede tan extensa é unha tarefa continua e prioritaria, porque as estradas provinciais son unha infraestrutura básica para a mobilidade diaria da xente e para a actividade económica da provincia”.
A maior parte dos investimentos destinaranse á renovación de firmes e capas de rodaxe, así como á mellora da sinalización horizontal e vertical. Pola súa banda, a limpeza e apertura de cunetas, as obras de drenaxe e a instalación de defensas viarias supoñen arredor do 17% do total.
O presidente provincial incidiu tamén na relevancia do Plan de Conservación, xunto cos programas de reparacións urxentes e de roza e limpeza das marxes, especialmente tras as intensas precipitacións rexistradas nos últimos meses. “As fortes choivas provocaron danos e incidencias en distintos puntos da rede, polo que contar con estes plans é fundamental para actuar con rapidez, mellorar pavimentacións e drenaxes e garantir a seguridade da circulación en condicións adversas”, afirmou.
Ademais do Plan de Conservación, o servizo de Vías e Obras dispón dun programa específico de reparacións urxentes e doutro destinado á roza e limpeza das marxes das estradas provinciais, cuxo orzamento aumenta en 2026 de 3,8 a 4,1 millóns de euros. Esta partida permite realizar varias campañas de limpeza ao longo do ano para mellorar a visibilidade, facilitar a evacuación das augas pluviais e contribuír á prevención de incendios.
A deputada de Vías e Obras, Mónica Rodríguez, destacou que o conxunto dos programas de conservación, reparacións urxentes e roza supón un investimento medio de máis de 8.192 euros por quilómetro. “O mantemento da ampla rede de estradas provinciais é tan importante como a construción de novas infraestruturas. Un bo estado de conservación é clave para a seguridade viaria e para garantir un servizo de calidade á cidadanía”, sinalou.
O Plan de Conservación 2026 distribúe os investimentos en 36 grupos de actuación que abarcan o conxunto do territorio provincial, garantindo unha intervención equilibrada e continua nas diferentes comarcas.
PLAN CONSERVACION DE ESTRADAS 2026
|
DENOMINACIÓN DA OBRA |
IMPORTE / € |
|
GRUPO 1A – Ortigueira |
203.110,53 € |
|
GRUPO 1B – Cariño |
275.582,01 € |
|
GRUPO 2 – Mañón e As Pontes |
210.830,17 € |
|
GRUPO 3 – Cedeira, Cerdido e Valdoviño |
306.609,84 € |
|
GRUPO 4 – Ferrol e Narón |
558.750,30 € |
|
GRUPO 5 – Moeche, San Sadurniño e As Somozas |
369.968,17 € |
|
GRUPO 6 – Ares, Fene, Mugardos e Neda |
514.780,85 € |
|
GRUPO 7 – Cabanas, Miño, Paderne e Pontedeume |
354.768,47 € |
|
GRUPO 8 – As Pontes, Irixoa, Monfero e Vilarmaior |
272.614,73 € |
|
GRUPO 9 – Oleiros e Sada |
449.988,07 € |
|
GRUPO 10 – Cambre, Bergondo e Betanzos |
553.998,85 € |
|
GRUPO 11 – Abegondo, Carral e Oza-Cesuras |
471.589,53 € |
|
GRUPO 12 – Aranga, Betanzos, Coirós, Curtis e Oza-Cesuras |
404.358,28 € |
|
GRUPO 13A – Frades, Ordes, Oroso e O Pino |
233.255,52 € |
|
GRUPO 13B – Boimorto, Mesía e Vilasantar |
362.882,80 € |
|
GRUPO 14 – Melide, Santiso, Sobrado e Toques |
446.287,25 € |
|
GRUPO 15 – Arzúa, Boqueixón, O Pino e Touro |
429.445,30 € |
|
GRUPO 16 – Arteixo, A Coruña e Culleredo |
561.552,09 € |
|
GRUPO 17 – Carballo, Cerceda e Laracha |
450.152,48 € |
|
GRUPO 18 – Cabana, Malpica e Ponteceso |
381.411,17 € |
|
GRUPO 19 – Camariñas, Laxe, Muxía e Vimianzo |
145.376,65 € |
|
GRUPO 20 – Cee, Corcubión, Dumbría e Mazaricos |
203.999,65 € |
|
GRUPO 21 – Ames, A Baña, Negreira e Val do Dubra |
386.092,77 € |
|
GRUPO 22 – Ordes, Santiago, Tordoia, Trazo e Val do Dubra |
415.235,89 € |
|
GRUPO 23 – Mazaricos, Muros e Outes |
428.100,07 € |
|
GRUPO 24 – Boiro, Lousame e Noia |
509.372,22 € |
|
GRUPO 25 – Brión, Dodro, Padrón e Rois |
419.935,21 € |
|
GRUPO 26 – Ames, Santiago, Teo e Vedra |
323.626,75 € |
|
GRUPO 27 – Boiro e Rianxo |
296.854,77 € |
|
GRUPO 28 – A Pobra do Caramiñal, Porto do Son e Ribeira |
463.319,09 € |
|
GRUPO 34 – D.P. 1914 Carballo a Portomouro |
260.072,39 € |
|
GRUPO 35 – Coristanco, Santa Comba e Zas |
341.777,31 € |
|
GRUPO 36 – D.P. 3404 Serra de Outes a Dumbría |
236.342,04 € |
|
TOTAL |
12,242,041,22 € |
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.

