Iníciase en Valdoviño un novo programa de promoción da saúde

 

Con todas as prazas cubertas, daba comezo na mañá do mércores 25 de febreiro o novo programa de promoción da saúde impulsado pola REGAPS en colaboración co Concello de Valdoviño.

Nesta ocasión, centrado no benestar emocional. Desenvolverase ata finais de abril, con sesións semanais, na casa da cultura, e ata alí se achegaba o concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, para dar a benvida aos 15 veciños participantes.

Segundo avanzaba a terapeuta ocupacional da Rede Galega de Promoción da Saúde, Sofía Puentes, que guiará as sesións, o programa combinará teoría e práctica, coa vista posta en facilitar as ferramentas adecuadas para mellorar o benestar emocional, sendo conscientes de como cada persoa distribúe e inviste o tempo ao longo do día, tentando buscar o equilibrio entre lecer, traballo, obrigas familiares…

Articularase así un espazo onde compartir experiencias, aprender a xestionar factores estresantes do cotiá, e mellorar o benestar social.

Lea también

Piden nueve años de prisión para un hombre por embestir el coche de su expareja y amenazarla en Miño

La Audiencia Provincial de A Coruña acogerá, el próximo martes,día 14 de julio, el juicio …