Iván Puentes encabeza a delegación ferrolá no campionato de España de Dúatlon

O Triatlón Ferrol contará con seis duatletas nas probas desta fin de semana en Cáceres.

Fuente Triatlon Ferrol/ Foto arquivo Iván Puentes no Dúatlon da pasada temporada en Cospeito

Iván Puentes lidera a expedición do Triatlón Ferrol que esta fin de semana disputará o campionato de España de dúatlon en Cáceres. O ferrolán viaxa despois dun penúltimo adestramento de calidade no polígono Río do Pozo o pasado domingo, onde se deron cita gran parte dos duatletas do club departamental ademais de integrantes doutros equipos que estarán no campionato de España. Na proba elite tamén participará Joan Ferrer.

En grupos de idade, Mario López competirá na proba de distancia esprinte e Luis Rilo, Tom Rodríguez e Juanchi González, na proba de distancia estándar sen drafting, é dicir, sen posibilidade de rodar en pelotón no ciclismo.

O campionato de España elite desenvolverase, este sábado, en distancia esprinte de 5 km a pé, 20 km de ciclismo e 2,5 km de carreira finais. Nun circuíto diferente pero nas mesmas distancias, o domingo terá lugar a proba esprinte de grupos de idade e, no dobre de distancia en cada sector, o campionato de grupos de idade estándar sen drafting.

Lea también

A II Ruta Cabalar Cidade de Narón regresa cunha xornada de lecer e convivencia

A Asociación Cabaleiros de Narón organiza o sábado 28 de marzo a II Ruta Cabalar …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *