AXF continua durante o mes de marzo con formación

AXF lembra «que a lingua de signos é moi necesaria para toda a sociedade» , «Non esquezades que a «LSE SEMPRE SUMA».
 
Archivo
A Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra AXF continua durante o mes de marzo con formación todos os mércores desde o 4 ao 25 do citado mes cun curso de lingua de signos para adultos, nunha franxa horaria de maña 11:00 a 13:30 e tarde de 17:00 a 19:30, o custo do curso é de 50 euros persoa.
 
Os interesados poden anotarse nas redes sociais, a través deste enlace: https://forms.gle/qqjhQS9MLhisbXAv9 ou ben no teléfono 604 07 02 52.
 
A Asociación de Persoas Xordas de Ferrolerra (AXF), entidade de carácter comarcal, declarada de Utilidade Pública; representa á comunidade xorda desde 1972, como único recurso específico para persoas xordas na comarca de Ferrolterra, procurando a eliminación das barreiras comunicativas que dificultan o seu pleno desenvolvemento, ademais de proporcionar os servizos necesarios para lograr a maior calidade e autonomía posíbel.
 

Lea también

Ferrol en Común denuncia “caos organizativo” en el palacio municipal por cambios sin consenso del gobierno local

Ferrol en Común ha criticado duramente este jueves la situación que se está viviendo en …