Seis mozos de Cerdido fan historia no deporte local coa súa participación no Campionato Galego de Remo Ergómetro

Hugo, Jorge, Marcelo, Moisés, Oliver e Jorge xa forman parte da historia deportiva de Cerdido ao converterse nos primeiros remeiros federados do municipio que participarán, en Noia, no Campionato Galego de Remo Ergómetro. Isto marca un fito para o deporte local e abre unha nova etapa para o remo no concello.

REMEROS CERDIDO

Na súa presentación oficial, celebrada estee xoves, estiveron acompañados polo alcalde de Cerdido, Alberto Rey, quen lles fixo entrega de roupa deportiva como mostra do apoio institucional. Tamén asistiron a directora e o profesor de Educación Física do CEIP A Barqueira, así como responsables do Club Remo Celeiro e do club Remo Revolución. Durante o acto, todas as persoas presentes lles transmitiron ánimo e sorte de cara a esta importante cita deportiva.

O alcalde, Alberto Rey, destacou que “hoxe é un día moi especial para Cerdido, porque estes seis mozos demostran que, con ilusión, traballo e colaboración, tamén desde un concello pequeno se poden dar pasos históricos no ámbito deportivo”. Ademais, subliñou que “este proxecto é un exemplo de como a unión entre centro educativo, familias, clubs e administración local dá resultados reais e abre oportunidades para a nosa mocidade”. Rey tamén quixo trasladarlles “todo o orgullo do Concello e o desexo de que gocen da experiencia e compitan co mesmo entusiasmo co que adestran cada día”.

Este logro é froito dun proxecto deportivo que nace do consenso e da colaboración entre distintas entidades do municipio e da contorna. A iniciativa está impulsada polo CEIP A Barqueira, a ANPA Os Carrís, o Concello de Cerdido, o Club Remo Celeiro e Remo Revolución, e terá continuidade ao longo do presente curso e nos vindeiros anos co obxectivo de consolidar o remo como disciplina deportiva de referencia no concello.

Lea también

Conta atrás para a disputa do XI Campeonato Clásico de Trail Running de la Xunta de Galicia

Preto de cento cincuenta atletas tomarán parte este sábado 14 de febreiro a partir das …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *