Valdoviño convida ás familias a participar este sábado no XIV Encontro Infantil no Entroido

Con entrada de balde, celebrarase no pavillón O Longoiro de 17 a 20 horas.

Archivo

Baixo o lema «A rockear», o Concello de Valdoviño convida ás familias a participar este sábado na XIV edición do Encontro Infantil no Entroido. Celebrarase no pavillón municipal O Longoiro, en Meirás, dende as 17:00 ás 20:00 horas. A entrada é libre e gratuíta, e haberá unha morea de actividades para os máis cativos e cativas.

Así, e coa temática proposta, ambientarase o espazo, onde se habilitarán diferentes áreas con obradoiros creativos e xogos. Xunto a eles, inchables, música e a zona para as crianzas, ademais doutros reclamos, como a presenza dun clásico, o caricaturista, que realizará retratos do público que o solicite.

Dende o Concello anímase á veciñanza a reservar a data e participar na festa, e para aqueles e aquelas que aínda non teñan decidido o disfraz, a temática rock pode ser unha boa inspiración este ano.

Lea también

Evacuado en helicóptero un hombre que fue rescatado inconsciente del agua en Ortigueira

Un hombre ha sido evacuado este martes en helicóptero medicalizado después de ser rescatado del …