As Pontes continúa coas entregas de composteiros e as sesións formativas de compostaxe doméstica

O Concello das Pontes realizará unha nova entrega de composteiros o venres 27, ás 18 horas no local social da AA.VV Vincallo-Cal Avelaíña durante unha sesión informativa na que as persoas participantes recibirán formación básica para comezar a compostar no seu fogar.

Esta iniciativa permitirá que os veciños e veciñas con pequeno terreo poidan transformar os seus restos orgánicos en abono natural de alta calidade, reducindo así a cantidade de lixo que chega ao colector e contribuíndo a unha economía circular máis eficiente nas Pontes.

O Concello facilitará aos fogares participantes un composteiro de balde, formación e acompañamento, para garantir unha correcta posta en marcha e seguimento do proceso. Nas próximas semanas celebraranse novas sesións en diferentes puntos do municipio, que serán anunciadas a través dos canais oficiais do Concello. A inscrición continúa aberta para aquelas persoas interesadas en participar na campaña.

As persoas interesadas poden atopar toda a información actualizada na páxina web: aspontes.ocaminosostible.gal. Tamén poden contactar a través do Tamén poden contactar a través do teléfono 647 521 464 ou do correo electrónico info@ocaminosostible.gal.

Esta iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia e o financiamento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Next Generation EU, e forma parte da aposta do Consorcio As Mariñas por un modelo de xestión sostible e de proximidade, implicando á cidadanía na redución e valorización dos seus propios residuos.

Lea también

Evacuado en helicóptero un hombre que fue rescatado inconsciente del agua en Ortigueira

Un hombre ha sido evacuado este martes en helicóptero medicalizado después de ser rescatado del …