PSOE Ferrol abre un ciclo de debate sobre o futuro do litoral da cidade e a protección das alamedas históricas

A profesora María José Leira analizará no primeiro encontro, este martes ás 19.30 horas no Ateneo Ferrolán, o impacto do proxecto “Abrir Ferrol ao mar” sobre o patrimonio verde da cidade. A bióloga é autora do libro “As alamedas ilustradas de Ferrol”, unha obra de referencia sobre o valor histórico, ambiental e patrimonial sobre os espazos verdes do casco urbano.

O PSOE de Ferrol organiza un novo encontro dentro do seu ciclo de debates para reflexionar sobre o modelo de cidade e os grandes proxectos urbanísticos que marcarán o seu futuro. A primeira cita terá lugar o martes 10 de febreiro, ás 19.30 horas, no Ateneo Ferrolán, con entrada libre.

Baixo o título “Abrir Ferrol ao mar afecta ás alamedas históricas. ¿Ten o proxecto a calidade que a situación require?”, o acto contará coa participación de María José Leira, mestra, bióloga e autora do libro “As Alamedas Ilustradas de Ferrol”, unha obra de referencia sobre o valor histórico, ambiental e patrimonial destes espazos verdes da cidade.

Durante o encontro analizarase o impacto que o proxecto “Abrir Ferrol ao mar” pode ter sobre as alamedas históricas, así como a necesidade de que as actuacións urbanísticas conten coa calidade técnica e o respecto ao patrimonio que unha cidade como Ferrol require.

Necesidade de debates rigorosos

Desde o PSOE de Ferrol sublíñase a importancia de promover debates rigorosos e fundamentados, que permitan avaliar con criterios técnicos e históricos as intervencións previstas no ámbito litoral e urbano da cidade.

Este ciclo de encontros busca contribuír a unha reflexión seria sobre o desenvolvemento urbano de Ferrol, a protección do seu patrimonio natural e histórico e a definición dun modelo de cidade sostible e coherente coa súa identidade.

Lea también

El PSOE le pide al alcalde de Ferrol que no reciba las obras de asfaltado por su “execución deficiente”

La obra de mejora del firme realizada en los últimos días en la calle Real …