Os propietarios dos chiringuitos poden solicitar as axudas da Xunta para a súa integración paisaxística na contorna

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, animou este mércores aos propietarios dos chiringuitos a solicitar as axudas da Xunta para a súa integración paisaxística na contorna.

Segundo explicou  no concello de Cabanas, xa está aberto prazo para presentar as solicitudes a esta liña de axudas, que conta cun orzamento de un millón de euros, posta en marcha polo Goberno galego para promover prácticas sostibles nos chiringuitos da costa galega favorecendo ao mesmo tempo a transición cara a uns establecementos máis eficientes, accesibles e integrados na paisaxe.

Autorizacións en dominio público mrítimo-terrestre

A maiores, a conselleira incidiu en que este ano, logo do traspaso das funcións, servizos e medios para a xestión do litoral, é por primeira vez a Xunta quen tramita as solicitudes para obter autorización para instalacións, actividades, eventos e servizos de tempada na zona de dominio público marítimo-terrestre. As autorizacións realizaranse de forma homoxénea nas tres provincias, sendo a máxima permitida pola normativa de catro anos. En concreto, o primeiro ano realizarase a solicitude e os outros tres só unha prórroga.

Segundo dixo Ángeles Vázquez, isto supón unha importante mellora con respecto á xestión do Goberno central xa que ata o de agora cada provincia tiña un sistema propio de concesión de autorizacións. Recibíronse case 200 novas solicitudes, que se suman ás 74 autorizacións que están vixentes ou prorrogadas.

En canto aos servizos de tempada en zona de servidume de protección, este ano a principal novidade é que os interesados poden facer a súa petición a través da nova solicitude única xa habilitada para tramitar en liña a autorización para os distintos usos e ocupacións do litoral. Neste caso, recibíronse un total de 70 novas solicitudes, ás que hai que engadir preto de 160 autorizacións vixentes ou prorrogadas.

Plans de explotación municipais

 

Durante o seu encontro co alcalde de Cabanas, Fernando Couce, a conselleira tamén puxo en valor o papel dos concellos á hora de garantir un desenvolvemento sostible do litoral. En concreto, salientou a súa xestión dos plans de explotación da súa costa a través da tramitación da adxudicación de chiringuitos e outros servizos de tempada.

Nese senso, animou aos concellos a presentar os seus plans de explotacións porque “son quen mellor coñece a súa costa”.

Tal e como dixo Ángeles Vázquez, nestes casos son as propias administracións locais as que tramitan o procedemento para a adxudicación a terceiros dos servizos e actividades que se desenvolverán nesta franxa da costa, incluída a publicación dos correspondentes anuncios, con indicación neles dos prazos para a presentación de ofertas ou solicitudes de participación. Este ano recibíronse 18 solicitudes por parte de concellos interesados en
outorgar estas autorizacións.

Para concluír, a conselleira lembrou que este ano os chiringuitos poderán operar de xeito opcional -sempre que así o desexen- de forma ininterrompida desde a Semana Santa ata o 31 de outubro.

Deste xeito, os donos destes establecementos teñen ata o 3 de marzo para solicitar estes apoios que buscan fomentar que nestes establecementos de tempada se empreguen materiais reutilizables, reciclados, de baixo impacto ambiental ou con certificación ecolóxica tanto na instalación de estruturas, solos e paneis como nos elementos de sombreado e protección solar, ou no mobiliario.

Ademais, tamén son subvencionables actuacións dirixidas tanto á redución e correcta xestión dos residuos, como ao aforro enerxético e de auga. Por último, financiaranse accións que promovan a accesibilidade universal mediante solucións respectuosas coa contorna e a integración paisaxística.

No que atinxe ás contías, Ángeles Vázquez indicou que a axuda poderá cubrir ata o 50% do proxecto subvencionable, cun investimento mínimo por solicitude de 1.500 euros e unha axuda máxima por proxecto de 10.000 euros. No caso da adaptación integral aos prototipos de chiringuito biosostible do concurso de ideas desenvolvido pola Xunta, a axuda poderá chegar ata o 70% do investimento subvencionable cunha contía máxima de 20.000 euros.

Lea también

El futuro de la huelga indefinida de autobuses en A Coruña se decide en las votaciones de este miércoles

En esta jornada se celebrarán asambleas por parte de los sindicatos CIG, CCOO y UGT. …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *