O Concello de Valdoviño procederá de novo este mediodía ao peche da estrada de acceso ao Faro de Meirás.
A medida adóptase despois de que a Dirección Xeral de Emerxencias avanzase que na tarde deste venres 30 elevará a vermella a alerta no mar seguindo a evolución do temporal, coa previsión de mar combinada con ondas de ata 9 metros e vento do oeste de ata forza 9. A alerta tamén leva consigo a suspensión da actividade deportiva no mar, tanto federada como do programa Xogade, e o chamamento á prudencia, evitando paseos marítimos e visitas á franxa litoral.
O Concello lembra que as restriccións á mobilidade na contorna do faro estarán vixentes namentres se manteña o nivel de alerta vermella.
En terra, a AEMET avanza tamén o nivel de alerta amarelo por ventos, con refachos que poderán superar os 80 km/h de compoñente oeste a partir do mediodía.
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.
