ForGA imparte en Narón tres cursos gratuítos de alta inserción laboral

Os alumnos obterán a certificación para traballar como soldador, nos departamentos de relación co cliente, ou como docentes de Formación Profesional. Todos os cursos inclúen prácticas laborais e formación en prevención de riscos laborais. 

Curso soldadura en Narón – Forga

A Fundación para a Orientación Profesional de Galiza (ForGA) organiza na súa sede de Narón tres cursos para a formación e a inserción laboral de persoas desempregadas.

Os cursos son de Soldadura por arco baixo gas protector con electrodo consumible (soldeo MIG/MAG); Actividades administrativas na relación co cliente, e Habilitación para a docencia en grados A, B e C do sistema de Formación Profesional.

Comezan nas próximas datas e son 100% subvencionados. As alumnas/os recibirán a certificación oficial para optar de forma inmediata a postos de traballo na especialidade que elixa. Inclúen ademais prácticas en empresas e formación en prevención de riscos laborais.

Hai un límite de 15 prazas por curso e as solicitudes deben facerse na web forga.gal. O único requisito é estar inscrito como demandante de emprego.

Lea también

Narón recibe a un grupo de peregrinos do Camiño do Mar nun novo impulso a esta ruta xacobea

A concelleira de Turismo de Narón, Natalia Hermida, recibiu nos últimos días a un grupo …