Neda programa o espectáculo “Paripé, o cabaré!” no seu Ciclo de teatro afeccionado

Activada a reserva e venda anticipada de entradas para a obra.

Terceira entrega do Ciclo de teatro afeccionado Concello de Neda. Tras estrearse cunha traxedia clásica- “Bacantes” e seguir cunha versión libre de Luces de Bohemia, a proposta municipal explora novos xéneros.

Este sábado 31, a partir das 20 horas, chega á vila “Paripé, o cabaré!”, un espectáculo de varietés, que promete entretemento e diversión. A compañía pontesa O Catre Teatro traerá á Casa da Cultura nedense esta peza con formato de espectáculo de variedades, ideada e dirixida por Agustín Bolaños.

Apuntan dende a compañía que se trata dunha obra “sobre as aparencias, os benquedas, os buscadores de fama…”. A proposta, estreada a comezos do ano 2024, está protagonizado por un grupo de “divas, que ofrecen un rato de diversión e ledicia, rodeadas de música, baile e plumas”.

Este mércores actívase a reserva e venda anticipada de entradas para a obra na biblioteca municipal (teléfono 981390233, de 9 a 13 e de 17 a 20 horas). O día da función poderanse conseguir a partir das 17 horas. O prezo das localidades é de 2 euros.

Lea también

O Desfile de entroido de As Pontes reparte 7.000€ en premios

O Concello das Pontes abre este mércores 28 a inscrición para participar no Desfile de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *