Moeche ofrece este sábado 14 a «I Foliada» como previa da Feira do Queixo

Para a feira do domingo habilítanse horarios especiais do servizo habitual de tren entre Ferrol e Moeche, con traslado gratuíto entre a estación modestina e a feira.

Archivo- Feira do Queixo de Moeche 2024

A Feira do Queixo de Moeche, que se celebra este domingo 15, conta por primeira vez este ano cunha actividade previa que se desenvolverá na xornada deste sábado 14.

Así, a partir das 19:30 horas haberá no recinto feiral unha recepción á queixería asturiana Temia -da Denominación de Orixe Protexida Afuega’l Pitu-, que é a convidada deste ano, e a continuación dará comezo a I Foliada do Queixo, coa participación das agrupacións No Cómbaro, de As Pontes; A.C. Buxainas, de Cedeira, Tocata Xou, das Somozas, e a Escola de Gaitas de San Sadurniño. Nesta foliada colabora a Asociación Cultural Irmandiños de Moeche.

Xa o domingo terá lugar a feira, entre as 10:00 e as 19:00, cun variado programa de actividades complementarias.

Unha vez máis, para trasladar ás persoas interesadas en asistir ao evento do domingo, funcionará o Tren do Queixo, que realizará o percorrido entre Ferrol e Moeche con saída de Ferrol ás 10:45 e regreso en catro horarios: as 13:50, as 17:15, as 19:05 e as 20:55. O traslado  entre a estación de tren de Moeche e a feira -de ida e de volta- é gratuíto, non así o propio servizo de tren, que terá o prezo habitual do billete.

Lea también

As Pontes acolle a V Mostra de Teatro Amador poñendo en valor o talento escénico afeccionado

O Concello das Pontes, en colaboración cos grupos locais O Catre Teatro e Quemaisten Teatro, …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *