Ferrol en Común demanda un incremento das actuacións de Ferrol a Escena

FeC a través dun comunicado expresa o seguinte «En Ferrol contamos xa hai anos con “Ferrol a Escena”, un programa que posúe unha particularidade e relevancia especial, xa que está protagonizada polo tecido artístico amador do municipio. Ademais de ser unha oportunidade de visibilizar o traballo de artistas afeccionados, o programa implica ás asociacións veciñais asignándolles un rol de programadoras ao seleccionar os contidos que serán exhibidos nos seus territorios. Dese xeito achegaríanse actividades artísticas aos diferentes barrios e parroquias do Concello e se apoiaría a creación amadora».

«Este enfoque orientado á participación cultural foise consolidando co paso dos anos até resultar nunha das programacións máis estables e singulares da oferta cultural municipal que ten como obxectivo contribuír á difusión e promoción das diferentes manifestacións artísticas como música, teatro, danza, folclore, etc e a nivel amador, e achegalas ás entidades veciñais do concello».

«No ano pasado participaron 29 grupos de diferentes artes escénicas nas diferentes entidades veciñais o que é máis que palpable a magnitude e o peso que ten entre os nosos veciños e veciñas este programa que se desenvolve os fines de semana e así se recoñece como unha gran oportunidade de ocio».

«Alentados polas entidades da zona rural, e destacando o impacto que ten dita programación nese ámbito, podemos manifestar que este tipo de accións culturais de proximidade permiten disfrutar sen desprazamentos de diferentes actuacións de artes escénicas e ven incrementado o seu valor sen distinción entre rural e urbano».

«Nestes días volveuse publicar o réxime de Ferrol a Escena, sendo un calco de anualidades anteriores, facendo oídos xordos ás demandas cidadás», por iso dende Ferrol en Común «queremos demandar, e ademais de facelo público, solicitarémolo na comisión de cultura»:

– «Incidir na necesidade de dar protagonismo a “Ferrol a Escena” que ofrece unha programación plural, aberta e de balde para toda a cidadania».

«Incrementar o número máximo de actuacións por asociación veciñal, actualmente son seis actuacións e solicítase que sexan nove».

– «Incrementar as retribucións aos artistas amadores participantes no programa “Ferrol a Escena”, contribuíndo así a sufragar os gastos asociados ás actuacións».

Lea también

El BNG entrega más de 1.500 firmas para exigir gestión pública en la residencia de mayores del Bertón

El BNG ha presentado este viernes más de 1.500 firmas en Ferrol para reclamar que …