Aviación e música únense nun faladoiro coa xoven Carmen de Castro Olveira no Ateneo Ferrolán

O vindeiro xoves 5 de febreiro, o salón de actos do Ateneo Ferrolán acolle un Faladoiro coa piloto Carmen de Castro Olveira, unha moza galega de 23 anos que, conseguiu converter o seu soño de nena —voar— na súa profesión.

Foto cedida

A súa carreira profesional comezou con tan só 20 anos, cando iniciou o seu labor como copiloto en aviación, participando, entre outros servizos, en transportes de órganos. Na actualidade, con 23 anos, pilota un Airbus A320 en aviación comercial.

No faladoiro, Carmen compartirá cos asistentes os retos e aprendizaxes da súa traxectoria, unha historia de disciplina, dedicación e superación. Ademais da súa faceta profesional como aviadora, Carmen é tamén música: toca o piano a guitarra e o clarinete e forma parte da Banda de Música de Caamaño, mantendo así unha estreita ligazón coa música e coa súa terra natal, Cambados.

O encontro dará comezo ás 19:30 horas e estará moderado por Joaquín Enríquez e Chelo Carballal, configurándose como un espazo aberto ao diálogo co público. A actividade desenvolverase no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán, rúa Magdalena 202–204, Ferrol (A Coruña).

O Faladoiro está organizado polos programas radiofónicos Sábados no Cruceiro (CuacFM, Radio FilispiM, Radio Fene, RadioFusión) e A Xanela das Fucas (Radio FilispiM), e conta coa colaboración de Xeración, a Asociación Veciñal Canido e a Asociación Cultural FucoBuxán.

Lea también

O BNG de Ferrol demanda un arranxo integral para o Carvalho Calero

O BNG de Ferrol amosa o seu enfado respecto a que o goberno municipal non …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *